Estás en:Novas
75º aniversario do pasamento de Alfonso R. Castelao (Cuarta entrega)

Castelao etnógrafo

Este mes, o das nosas letras, imos reparar na faceta máis  etnográfica de Castelao, reparando nalgunhas obras que forman parte dos fondos da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

Castelao etnógrafo

Castelao etnógrafo

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva, como xa se fixo na elección dos trobadores da ría de Vigo en 1998, cos que se rendeu homenaxe á poesía medieval. Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.

Para seguir un pouco o fío de ensalzamento da tradición popular oral galega, na nosa entrega mensiual sobre Castelao quixemos achegarnos ao seu legado etnográfico.

Castelao era un apaixoado das diversas manifestación da cultura popular galega, e logo da morte do seu único fillo, sendo aínda un neno, o Guieiro principiou unha viaxe á Bretaña, para estudar as cruces de pedra, que atopaba moi semellantes ás galegas. Deste encontro naceu a obra As cruces de pedra na Bretaña (1930), que foi concebida como medio para un estudo máis fondo sobre as diferentes manifestacións cruciformes nos fisterraes.

Deste primeiro encontro entre a etnografía e o rianxeiro non só frutifica a obra citada, se non que nace un interese por estudar tamén elementos do patrimonio inmaterial, neste caso cruceiros, cruces antefixas etc, e a tradición pagá na que se substentan.

Un gran pulo para o avance neste campo tamén tivo lugar polo surximento do Seminario de Estudos Galegos que significou un verdadeiro fito na época dos trinta do século pasado.

A seguir desglosamos as diferentes obras que Castelao elaborou e poden encadrarase neste eido do coñecemento. Todas as enumeradas forman parte do fondo patrimonial da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, convidámoste a coñecelos mellor.

As cruces de pedra na Bretaña (1930)

Estudo histórico e descritivo dos cruceiros na Bretaña francesa publicado por Castelao en 1930, como documentación previa para outro traballo similar que estaba preparando sobre os cruceiros galegos, As cruces de pedra na Galiza.

[Sin. M/943 ]

 

As cruces de pedra na Galiza (1949)

Estudo feito por Castelao que se describe a historia, significado e tipoloxía de diversas cruces de pedra do país, entre elas os cruceiros.

Estre traballo, que foi tamén fonte do seu discurso de ingreso na Real Academia no 1934.

Enmárcase nun estudo de maior alcance que Castelao concebira para estudar as cruces de pedra nos finisterres, xunto ao libro As cruces de pedra na Bretaña e outros que non chegaron a materializarse.

[Sin. FGE/48]

Escudos de Rianxo (1933)

A separata Escudos de Rianxo, elaborada por Castelao e Fermín Bouza- Brey, foi publicada por Nós en Santiago de Compostela en 1933.

O traballo escrito para o Seminario de Estudos Galegos apareceu publicado previamente no número 113 do boletín Nós, correspondente ao 17 de maio de 1933, número especial dedicado a Manuel Murguía no centenario do seu nacemento.

O texto desta separata corresponde a Bouza-Brey, mentres que foi Castelao quen fixo os debuxos anos antes da publicación.

Como destaque comentar que o coñecido escudo de Galicia coa serea da lenda da Illa de Sálvora que Castelao deseñara inspirándose nos escudos dos Mariño e Torrados da Barbanza.

[Sin. M/656 ]