Estás en:Novas

O Plan Único da Deputación destina máis de 930.000€ a Cabana de Bergantiños neste 2025

A deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, visitou esta mañá o municipio, onde estivo acompañada do alcalde, José Muíño; do concelleiro de obras, Carlos Allo, e da concelleira Tatiana Rellán

A deputada salientou a importancia do Plan Único "especialmente para os concellos máis pequenos" xa que supón "a principal ferramenta de financiamento local" destinando, en total, 116 millóns de euros para os 93 concellos da provincia

O Plan Único da Deputación destina máis de 930.000€ a Cabana de Bergantiños neste 2025

O concello de Cabana acolleu hoxe a visita da deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, que estivo reunida co alcalde, José Muíño; o concelleiro de obras, Carlos Allo, e a concelleira Tatiana Rellán. Trala xuntanza, visitaron unha das obras financiadas co Plan Único, que este ano destinou un total de 933.743€€ a este concello.

A deputada salientou a importancia do Plan Único "especialmente para os concellos máis pequenos, con excesivas e impropias competencias municipais, que dificilmente poden afrontar". Neste sentido, Cristina García sinalou que o Plan Único, que este ano destinou 125 millóns de euros aos 93 concellos da provincia, "é agora mesmo a principal ferramenta de financiamento local".

"Pero, o máis relevante deste Plan", apuntou a deputada, "é que permite levar a cabo obras e servizos que melloran o benestar e a vida da veciñanza, como esta estrada que vimos hoxe". "Esa é", engadiu "a principal finalidade desta ferramenta que, ademais, fomenta a total autonomía municipal xa que son os propios gobernos locais os que deciden como van investir os fondos". Neste sentido, Cristina García tamén lembrou que o Plan Único pode destinarse a outros gastos municipais, pois "permite financiar servizos básicos a través do gasto corrente, ofrendo aos concellos un importante alento económico."

Ademais, tal e como expuxo a deputada, o Plan Único "supón un importante impulso para a economía local, ao fomentar a contratación de pequenas e medianas empresas de construción, enxeñerías e outras de sectores relacionados. Deste xeito, ademais de asegurar a execución de obras necesarias, tamén se fortalece o tecido empresarial local, xéranse oportunidades de emprego e contribúese a fixar poboación".