Estás en:Novas

A Deputación mellorará a seguridade da estrada DP 6902, en Pontedeume

A intervención, adxudicada por 132.051,86 euros, executarase no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+000 e 1+880

Os traballos inclúen a mellora da capa de rodadura e a súa correspondente sinalización horizontal e vertical

A Deputación mellorará a seguridade da estrada DP 6902, en Pontedeume

A Deputación da Coruña mellorará a seguridade viaria e as condicións do firme na estrada DP 6902, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+000 e 1+880, no concello de Pontedeume.

Esta intervención, que vén de ser adxudicada cun orzamento de 132.051,86 euros e cuxo contrato de execución se asinou esta semana, permitirá corrixir os desperfectos e o deterioro superficial que presenta o pavimento en diferentes tramos, agravados polos efectos climáticos do inverno.

Os traballos inclúen saneos puntuais da capa de rodadura nunha superficie aproximada de 266 metros cadrados e a posterior extensión dunha nova capa de mestura asfáltica en quente ao longo de toda a superficie da estrada, no treito comprendido entre o seu inicio e o núcleo de Ombre.

A actuación completarase coa sinalización horizontal e vertical do tramo renovado, co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e garantir unha circulación máis segura.