Estás en:Novas
A Biblioteca na provincia

Volven os Clubs de lectura dixital da Biblioteca Provincial

Achégase setembro e xa estamos ultimando a reanudación das Diferentes salas de lectura compartida. 

Enrólaste connosco neste percurso literario? 

Volven os Clubs de lectura dixital da Biblioteca Provincial

A partires do 1 de setembro póñense en marcha novamente os Clubs de Lectura dixital da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

Olla a programación que nos agarda ata decembro, e quédate coa sala (ou salas) que máis che interesen. 

Lecturas programadas (setembro a decembro de 2025)

Arredor dos libros

  • Alfonso R. Castelao : a forxa dun mito, de Henrique Monteagudo. Do 29 de outubro ao 21 de novembro.
  • Alba de Groria, de Castelao. Do 4 ao 11 de decembro.
  • Cousas, de Castelao. Do 12 de decembro ao 22 de decembro.

Compartindo Lecturas

  • La ciudad de los prodigios, de Eduardo Mendoza. Do 29 de setembro ao 31 de outubro.
  • Persuasión, de Jane Austen. Do 20 de novembro ao 15 de decembro.

Tinta e equidade

  • O corpo de cristo, de Bea Lema. Do 1 de setembro ao 21 de setembro + Encontro dixital coa autora.
  • Las gratitudes, de Delphine de Vigan. Do 25 de setembro ao 19 de outubro.
  • O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa. Do 22 de outubro ao 20 de novembro.
  • Hijas del miedo, de AMJE (Asociación de Mujeres Juezas de España). Do 24 de novembro ao 14 de decembro.
  • As despedidas, de Cecilia F. Santomé. Do 17 de decembro ao 7 de xaneiro + Encontro virtual coa autora.

Páxinas de orgullo

  • Nombres y animales, de Rita Indiana. Do 5 de setembro ao 25 de setembro.
  • O cento voando, Andrea Nunes Brión e Ánxela Lema París (coords.). Do 1 de outubro ao 21 de outubro.
  • Estremas, de Ana Romaní. Do 23 de outubro ao 17 de novembro.
  • (h)amor 6 trans, Varixs autorxs. Do 24 de novembro ao 15 de decembro.
  • Carol - Patricia Highsmith. Do 22 de decembro ao 12 de xaneiro.
  • Boulder [Audiolibro], de Eva Baltasar. Do 19 de xaneiro ao 9 de febreiro.

*Todos os libros están dispoñibles na eBiblioDaCoruna nas datas que dura a lectura!

Mesas redondas

  • NOVEMBRO: Lucía Aldao e Aranxa Vicens "A escrita como identidade".
  • FEBREIRO: Lorena Conde e Ana Amigo "Etiquetas non excluíntes, crear para representar"

Roteiro virtual

  • XANEIRO: Percorrido en liña por obras representativas.

---

Para tomar parte precisas...

*O botón "Prestar" (para tomar en préstamo o libro que se vai ler en cada momento) aparecerá na lapela "Contido" dende a data de comezo da lectura correspondente.

---

A información completa sobre os Clubs e o seu funcionamento podes consultala aquí: 

https://www.dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/ebibliotecadacoruna-club-lector/