Estás en:Novas

Alumnos/as do colexio Nosa Señora do Carme de Fisterra asisten a unha visita guiada á exposición Golfiños na Proa

Persoal técnico da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) formaron ao alumnado sobre os cetáceos, e outros animais mariños, que viven nas cosas de Galicia.

A Deputación da Coruña organiza visitas guiadas a esta exposición aos colexios que o soliciten.

Alumnos/as do colexio Nosa Señora do Carme de Fisterra asisten a unha visita guiada á exposición Golfiños na Proa

O martes, 23 de setembro, alumnos e alumnas de 6º de Primaria do Colexio Nosa Señora do Carme de Fisterra realizaron unha visita guiada pola exposición Golfiños na Proa que a Deputación da Coruña exhibe na lonxa da localidade, nun espazo cedido pola Confraría de Pescadores Nosa Señora das Areas.

Esta exposición, que conta con gran variedade de paneis informativos e restos óseos de baleas e outros cetáceos, posteriormente viaxará a Arteixo (do 3 ao 15 de outubro), Boiro (do 17 de outubro ao 4 de novembro) e Melide (do 14 ao 17 de novembro), onde tamén se realizarán visitas guiadas aos colexios que o soliciten á Deputación da Coruña.

O obxectivo destas visitas guiadas é que os nenos e nenas coñezan, dunha maneira amena e interactiva, a enorme diversidade de mamíferos mariños que viven nas costas de Galicia e a importancia da súa conservación.