Formoso recibe no seu despacho ao novo subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu hoxe no seu despacho do Pazo Provincial ao novo subdelegado do Goberno na provincia da Coruña, Julio Abalde, no marco da rolda de contactos institucionais que o novo representante estatal está a realizar trala súa recente toma de posesión.
Durante o encontro, ambos representantes dialogaron sobre as súas respectivas competencias e coincidiron na importancia da colaboración institucional para mellorar a coordinación entre administracións e avanzar en proxectos que beneficien ao conxunto da cidadanía.
Formoso desexoulle sorte a Abalde nesta nova etapa ao fronte da Subdelegación do Goberno e destacou a súa traxectoria académica e de xestión como garantía dun labor comprometido e eficaz ao servizo da provincia.