Estás en:Novas
ebiblioDaCoruna Club Lector

O cento voando: amores, alianzas e non-monogamias (Andrea Nunes e Ánxela Lema coords.)

Os Clubs de lectura dixital da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña continúan a súa actividade.

Nesta ocasión, temos nova lectura na sala Páxinas de orgullo (Do 1 ao 21 de outubro) 

Acompáñasnos nesta nova singradura?

O cento voando: amores, alianzas e non-monogamias (Andrea Nunes e Ánxela Lema coords.)

Comezamos lectura na sala Páxinas de orgullo do club dixital eBiblioDaCoruna:

  • Obra: O cento voando: amores, alianzas e non-monogamias
  • Coordinadoras: Andrea Nunes e Ánxela Lema
  • Sala: Páxinas de orgullo
  • Moderadora: Nuria Vil

O cento voando: amores alianzas e non-monogamias

"Aquí encontrarás paxaros que non mercaron o discurso hexemónico e capitalista do amor e que se lanzaron a voar libres, valentes; reflexións sobre maternidades bisexuais e non-monógamas; reivindicacións da potencialidade revolucionaria das amigas e amigues; metaamores que rexeitan o termo para reivindicar o seu propio lugar; apostas políticas nas convivencias interxeracionais; cuestionamentos dos privilexios e do desexo entendido como un construto social; análises da relación entre monogamias e capitalismo ou exposicións dos conflitos e dificultades diarias a que se enfrontan as persoas que apostan por unha vida poliamorosa transfeminista."

Andrea Nunes

Andrea Nunes Brións é activista transfeminista, escritora e profesora. Os seus versos e ensaios foron publicados en numerosas revistas, xornais e libros colectivos. Mostra disto son os libros "Corrente de esquecemento" (2007); "Todas as mulleres que fun" (2011), finalista nos premios AELG, ou, conxuntamente con María Rosendo, "Diáspora do amor balea", XII premio de poesía erótica Illas Sisargas 2017. Como profesora, exerceu a docencia en diferentes universidades como a Universidade de Nanjing, a Universidade Normal de Changchun ou a Universidade de Xi'an Jiaotong Liverpool. Foi lectora ademais na Universidade de Ca'Foscari en Venecia (Italia) e no Centro de Linguas da Universidade da Coruña. Lugares que lle permitiron investigar cuestións relacionadas co ensino de linguas e/ou do xénero entendido como un construto social. Na actualidade é profesora de ensino secundario en Santiago de Compostela.

Ánxela Lema

Ánxela Lema París (Muros, 1991) é graduada en galego e portugués pola Universidade da Coruña, onde tamén realizou estudos de mestrado en Literatura, cultura e diversidade, que lle ofreceron a posibilidade de cursar Teoría da literatura e literaturas lusófonas na Universidade do Minho (Braga). Foi lectora de español no Institut Universitaire de Technologie de Amiens (Francia) e de lingua, cultura e literatura galegas na Université Sorbonne Nouvelle-Paris 3. Actualmente está a rematar unha tese de doutoramento na que analiza a influencia do sistema monógamo como limitador do xeito de lermos poesía erótica. En paralelo, traballa como bolseira no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades no proxecto de elaboración dos Informes de Literatura. É membro da plataforma A Sega e feminista en constante proceso de aprendizaxe.

BANNER_LGTB_Cabeceira-WEB.jpg

---

Se aínda non formas parte do club de lectura, dáte de alta!

Poderás compartir e comentar desde calquera lugar e en calquera momento.

Info e alta aquí: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/paxinas-orgullo/

Animádevos!