Estás en:Novas

FHN: Concurso unitario ano 2024-2025; Convocatoria de Secretario/a ao Concello de Santiago

MINISTERIO PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL E DA FUNCIÓN PÚBLICA

Resolución do 13 de outubro de 2025, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso unitario de provisión de postos de traballo reservados a persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional para o ano 2024 e 2025.

Resolución do 9 de outubro de 2025, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publica a convocatoria para a provisión de posto de traballo reservado ao persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional, polo sistema de libre designación.
Corporación: Concello de Santiago de Compostela.
Denominación do posto: Secretario/a de Administración municipal.
Complemento específico anual: 41.142,35 euros.
Requisitos dos aspirantes: Pertencer á escala de funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional, subescala de secretaría, categoría superior.
Publicación íntegra da convocatoria: Resolución do 23 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional (Publicada no Diario Oficial de Galicia con data do 7 de outubro de 2025).
Coñecemento da lingua propia da Comunidade Autónoma: Acreditar o coñecemento do idioma galego mediante a presentación do certificado de lingua galega (Celga 4) ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia. Na súa falta, a persoa interesada deberá realizar unha proba de carácter eliminatorio, que se valorará como apto ou non apto, destinada a avaliar un grao de coñecemento equivalente ao esixido para a obtención do Celga 4 ou equivalente.