Modificación criterios para distribución do Fondo de Cooperación Local en infraestruturas municipais estratéxicas e concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes
XUNTA DE GALICIA
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
ORDE do 21 de outubro de 2025 pola que se modifica a Orde do 22 de xullo de 2024 pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado á realización de investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico, previsto na letra i) do artigo 59.catro da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia número 142, do 23 de xullo (código de procedemento PR486E).
«3. O prazo para a realización dos investimentos, do acto de recepción definitiva da obra e da presentación da documentación xustificativa da aplicación dada aos fondos remata o 1 de decembro de 2025».
«2. A data límite para a realización dos investimentos e a presentación da documentación xustificativa da aplicación dada aos fondos remata o 24 de novembro de 2025».
