Estás en:Novas
ebiblioDaCoruna Club Lector

(h)amor 6 trans, coordinado por Lucas Platero

Nova lectura na sala Páxinas de orgullo (Do 24 de novembro ao 15 de decembro) 

Compartimos "(h)amor 6 trans" coordinado por Lucas Platero

Acompáñasnos?

(h)amor 6 trans, coordinado por Lucas Platero

Comezamos lectura na sala Páxinas de orgullo do club dixital eBiblioDaCoruna:

  • Obra: (h)amor 6 trans
  • Autoría: coordinado por Lucas Platero
  • Sala: Páxinas de orgullo
  • Moderadora: Nuria Vil

Sobre a obra

Que sucede cando nos aproximamos ao desexo máis aló das categorías binarias? Están os coidados atravesados polo xénero? Que relación existe entre identidade, orientación e política sexual? Como facernos cargo da intersección xénero, clase, raza?

Trece voces poñen corpo, afectos e escritura para tratar de dar respostas a estas e outras cuestións neste volume colaborativo, (h)amor 6_trans. Un conxunto diverso de reflexións cunha mesma reivindicación, a dunha vida plena, que mereza ser vivida, e chorada.

Coordinado por Lucas Platero

Sobre a autoría

Participan na obra: Alana Portero, Pol Galofre, Ártemis López, Coco Wiener, Roberta Marrero, Iki Yos Piña Narváez Funes, Coco Guzmán, Sabrina Sánchez, Teo Pardo, Elsa Ruiz, Alicia Ramos, Jenifer Rubí, Lucas Platero. 

BANNER_LGTB_Cabeceira-WEB.jpg

---

Se aínda non formas parte do club de lectura, dáte de alta!

Poderás compartir e comentar desde calquera lugar e en calquera momento.

Info e alta aquí: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/paxinas-orgullo/

Animádevos!