Ampliación prazo de xustificación das subvencións á contratación de persoas mozas inscritas no SNGJ
XUNTA DE GALICIA
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
ORDE do 6 de novembro de 2025 pola que se fai pública a ampliación do prazo de xustificación establecido no artigo 17.3 para a concesión das axudas do Programa I (código de procedemento TR350E) establecido na Orde do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento TR350E e TR349Z).
"Amplíase a data límite para xustificar a axuda por parte das entidades locais disposta no artigo 17.3 da Orde do 13 de agosto, que será a que se sinale na resolución de concesión e, como máximo, o 15 de decembro de 2025."
