Modificación das bases de subvencións para equipamento e mellora das instalacións e locais para a realización de actividades culturais 2025
XUNTA DE GALICIA
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
ORDE do 5 de novembro de 2025 pola que se modifica a Orde do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT211B).
«Artigo 22. Xustificación
1. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a acreditar a realización dos proxectos subvencionados e a achegar a documentación xustificativa, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ata o 15 de decembro de 2025 (...)"
