25N: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
A violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas e xeneralizadas do mundo.
Na Biblioteca Provincial sumámonos ás reivindicacións que promove o 25N con varias accións enmarcadas na eliminación da violencia contra as mulleres.
Súmate e mira de fronte á violencia de xénero!
25N: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
A violencia contra as mulleres é un obstáculo para construír sociedades inclusivas e sostibles.
Por iso a UNESCO avoga pola igualdade de xénero e a non violencia. É imposible que unha sociedade floreza se a metade da poboación vive con medo de ser agredida. Observar este día significa alzarse en contra da violencia de xénero e lembrar que as mulleres deben estar no centro do cambio.
Desde a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña unímonos ás reivindicacións que promove este día, con diversas actividades:
- VISITA GUIADA. "As Mulleres nos fondos da BPDC". Mergullarémonos no noso fondo antigo e especial na procura das mulleres senlleiras da nosa historia: aquelas que foron recoñecidas polo súa labor e loita, pero tamén aquelas outras que fixeron unha labor invisible pero fundamental.
- RECOMENDACIÓNS DIXITAIS. A eBiblioDaCoruna tamén se tingue de morado para facerlle fronte á violencia contra as mulleres e as nenas.
- LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA NO CLUB VIRTUAL. A sala tinta e equidade programou dende o 24 de novembro unha obra imprescindible para coñecer de preto os testemuños das vítimas de violencia. Unha obra que compón de Son 19 relatos escritos por outras tantas xuristas da Asociación de Mulleres Xuízas de España, que amosan, a través da literatura, a dureza da violencia de xénero que asolaga ás mulleres e ás súas fillas e fillos e a resposta da Xustiza. Accede aquí.
- RECUNCHOS TEMÁTICOS. Espallamos recunchos temáticos con recursos para o préstamo sobre este tema.
DE FRONTE á violencia de xénero
Bota a andar un ano máis, impulsada dende a Área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a campaña DE FRONTE á violencia de xénero, cun programa de actividades que apelan directamente á implicación dos concellos da provincia, estendendo o chamamento á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo, empresarial, familias etc.
Esta campaña procura promover a creación dunha rede de administracións locais e entidades sensibles e comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero, xerando sinerxías entre elas, coa propia Deputación, e co resto da sociedade.
Desde a Biblioteca queremos sumarnos un ano máis a esta iniciativa, por iso che recomendamos que visites a súa páxina web, onde poderás acceder a máis accións e recursos.
Tes toda a información en https://defronte.gal
