Estás en:Novas

A Deputación instalará no Concello de Arzúa o seu mercado de artesanía coincidindo coa celebración da Festa do Queixo

O posto da Deputación contará con 24 expositores, obradoiros e concertos da Rede Cultural

A Deputación instalará no Concello de Arzúa o seu mercado de artesanía coincidindo coa celebración da Festa do Queixo

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, desprazouse este luns a Arzúa, onde se reuniu co seu alcalde, Xesús Carril, con motivo da vindeira edición da Festa do Queixo. O tamén deputado de Promoción Económica e Turismo, confirmou que a institución provincial instalará o seu posto de artesanía neste evento, que terá lugar os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo.

A Deputación da Coruña, que está a promocionar a campaña 'A paisaxe que sabe', sumarase así ao programa desta cita emblemática, que atinxirá as 51 edicións no 2026.

O mercado de artesanía comporase de 24 postos de varios sectores, incluídos os de artesanía alimentaria, onde se programarán seis showcookings a cargo de diversos cociñeiros, charlas técnicas, ademais da incorporación á programación musical de concertos de artistas que forman parte da Rede Cultural 2026.