Estás en:Novas
ebiblioDaCoruna Club Lector

Carol, de Patricia Highsmith

Nova lectura na sala Páxinas de orgullo (Do 22 de decembro ao 18 de xaneiro) 

Compartimos "Carol" de Patricia Highsmith

Acompáñasnos?

Carol, de Patricia Highsmith

Comezamos lectura na sala Páxinas de orgullo do club dixital eBiblioDaCoruna:

  • Obra: Carol
  • Autoría: Patricia Highsmith
  • Sala: Páxinas de orgullo
  • Moderadora: Nuria Vil

Sobre a obra

Claire Morgan, unha autora descoñecida e que elixiu permanecer no máis absoluto anonimato, publicou en 1952 unha novela, O prezo do sal, notablemente audaz para a época. Os críticos trataron o libro cunha mestura de desconcerto e respecto, pero o éxito de público foi inmediato, e vendéronse máis dun millón de exemplares da edición de peto. A novela non volveu editarse, e agora reaparece co título Carol, que orixinalmente lle deu a súa autora, e asinada por esta co seu verdadeiro nome.

Carol é unha novela de amor entre mulleres –de aí a decisión de Patricia Highsmith de publicala baixo un pseudónimo, para non ser clasificada como unha «escritora lesbiana»–, que se le coa mesma fascinada atención que espertan as novelas «policíacas» da súa autora. Highsmith concibiu Carol en 1948, cando tiña vinte e sete anos e terminara a súa primeira novela, Estraños nun tren. Atopábase sen diñeiro e empregouse durante unha tempada na sección de xoguetes duns grandes almacéns. Un día, unha elegante muller loura envolta en visóns entrou a comprar unha boneca, deu un nome e un enderezo para que lla enviasen e marchou. Patricia Highsmith foise á casa e escribiu de vez un primeiro borrador de Carol, que comeza precisamente co encontro entre Therese, unha nova escenógrafa que traballa accidentalmente como dependenta, e Carol, a elegante e sofisticada muller, recentemente divorciada, que entra a comprar unha boneca para a súa filla e cambia para sempre o curso da vida da moza vendedora.

Sobre a autoría

Patricia Highsmith (1921-1995) é unha das escritoras máis orixinais e perturbadoras da narrativa contemporánea.

En Anagrama publicáronse as novelas Estraños nun tren, O coitelo, Carol, O talento de Mr. Ripley (Premio Edgar Allan Poe e Gran Premio da Literatura Policíaca), Mar de fondo, Un xogo para os vivos, Ese doce mal, O berro da curuxa, As dúas caras de xaneiro, A cela de cristal, Crimes imaxinarios, O tremor da falsificación, O xogo do agocho, Rescate por un can, O amigo americano, O diario de Edith, Tras os pasos de Ripley, Xente que chama á porta, O feitizo de Elsie, Ripley en perigo e Small G: un idilio de verán, os libros de relatos Pequenos contos misóxinos, Crimes bestiais, Sereas no campo de golf, Catástrofes, Os cadáveres exquisitos, Paxaros a piques de voar, Unha afección perigosa e Relatos (que inclúe o primeiros cinco libros de contos da autora, tres dos cales –Once, A mercé do vento e A casa negra– non apareceran ata o de agora na editorial) e o libro de ensaios Suspense.

BANNER_LGTB_Cabeceira-WEB.jpg

---

Se aínda non formas parte do club de lectura, dáte de alta!

Poderás compartir e comentar desde calquera lugar e en calquera momento.

Info e alta aquí: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/paxinas-orgullo/

Animádevos!