Silvicultura produtiva de coníferas e actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos - DATA LÍMITE: 20/02/2026
Convocatoria:
Axudas, en concorrencia competitiva, para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros.
Obxectivos:
- Liña I: orientada ás frondosas, está dirixida a fomentar unha silvicultura produtiva orientada á obtención de madeira de serra e madeira técnica de alta calidade.
- Liña II: está enfocada á xestión forestal activa de masas de frondosas autóctonas (excepto castiñeiro), compatibilizando a produción de madeira de calidade coa conservación dos servizos ambientais, como a protección do chan, a biodiversidade e o ciclo hidrolóxico.
- Liña III: céntrase na recuperación e mellora de montes de castiñeiro, co obxectivo de potenciar tanto a produción de froito como a obtención de madeira de alta calidade.
Entidades beneficiarias:
Persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares do terreos obxecto de axuda, entendendo por titular tanto persoas propietarias como arrendatarias ou xestoras, así como as agrupacións forestais de xestión conxunta e silvicultoras activas rexistradas nos rexistros correspondentes.
Gastos subvencionables:
Custos dos traballos silvícolas en función dos módulos I, II e III (rozado, rareos, formación de copas, podas, xestión de restos, tratamentos de rehabilitación de souto).
Só actuacións realizadas tras a inspección previa ou, se non a hai, tras a resolución de concesión e antes da data límite de xustificación.
Contía da subvención:
Axuda por módulos por hectárea:
- Liña I: dende 2.952,82 €/ha ata 3.694,02 €/ha en función do modelo silvícola seleccionado.
- Liña II: 2.483,87 €/ha
- Liña III: 2.299,11€/ha (liña III-A). 4.344,77 €/ha (liña III-B)
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 12/01/2026 - 20/02/2026
Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña.
Servizo de Montes da Coruña
Teléfono: 981184575
Email: servizo.montes.coruna@xunta.gal
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
