Rehabilitación de edificacións e vivendas públicas de titularidade municipal - DATA LÍMITE: 03/07/2026
Convocatoria:
Subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas públicas de titularidade municipal
Obxectivos:
Axudas en concorrencia non competitiva dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 30.000 habitantes para que poidan rehabilitar edificacións e vivendas da súa titularidade con destino ao alugueiro social, nos termos previstos na normativa reguladora das vivendas protexidas.
En concellos de menos de 10.000 habitantes, non será exixible o destino ao alugueiro, sempre que se destinen ao desenvolvemento de actuacións de impulso demográfico.
Entidades beneficiarias:
Poderán beneficiarse destas axudas os concellos de Galicia que cumpran cos seguintes requisitos:
• Contar con menos de 30.000 habitantes.
• Ter cumprido co deber de remitir ao Consello de Contas de Galicia as contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da correspondente convocatoria.
Gastos subvencionables:
• Execución de obras de rehabilitación (accesibilidade, conservación, habitabilidade, sustentabilidade e eficiencia enerxética das vivendas, así como as actuacións para a medición e a execución de obras que eviten a entrada do gas radón)
• Ampliación de edificacións e vivendas de titularidade municipal, así como as dirixidas ao cambio de uso de edificacións para o seu destino a vivenda.
• Os honorarios dos profesionais, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, gastos xerais de estrutura que inciden sobre o contrato.
Contía da subvención:
Intensidade da axuda: 95% do orzamento protexido das obras.
Máximo: 65.000€ por edificación ou vivenda, ou 68.000€, no caso de edificacións ou vivendas situadas nun ámbito histórico, Camiños de Santiago, da Ribeira Sacra ou Áreas Rexurbe.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 23/01/2026 - 03/07/2026.
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña.
Teléfono: 981184816
Correo-e: rehabilitacion.igvs.coruna@xunta.gal
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
