Estás en:Novas
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Proxectos de enerxía solar fotovoltaica – DATA LÍMITE: 02/03/2026

Proxectos de enerxía solar fotovoltaica – DATA LÍMITE: 02/03/2026

Convocatoria:
Subvencións para Proxectos de enerxía solar fotovoltaica.

Obxectivos:
Apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos en réxime de autoconsumo. Concorrencia competitiva.

Entidades beneficiarias:
• As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
• As entidades sen ánimo de lucro.
• Empresas legalmente constituídas e persoas autónomas, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Incluídas as empresas de servizos enerxéticos.

Gastos subvencionables:
• Os paneis solares fotovoltaicos.
• O acondicionamento da enerxía eléctrica, monitorización e sistema de acumulación con baterías que non sexan de chumbo ácido.
• O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
• O custe de montaxe e conexionado.

Contía da Subvención:
A contía máxima da axuda por proxecto será de 150.000 €.
Para as instalación fotovoltaicas o investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado a 750 €/kWh.
Sistema de acumulación con baterías, custo adicional (sen IVE) de 750€/kWh de capacidade de acumulación.
A potencia mínima dos paneis fotovoltaicos do proxecto será de 100 kWp e a máxima de 1.000 kWp.
Intensidade da axuda:
• Entidades Locais e Entidades Xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica): 60%
• Empresas, as súas agrupacións e asociacións, entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica: 30%. No caso de pequenas empresas + 20%. Para medianas empresas +10%.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 28/01/2026 - 02/03/2026

Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Tlf: 981541534
Email: inega.info@xunta.gal

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal