Estás en:Novas
Programa Cidadanía, Igualdade, Dereitos e Valores (CERV)

Redes de cidades - DATA LÍMITE: 16/04/2026

Redes de cidades - DATA LÍMITE: 16/04/2026

Convocatoria:
Redes de cidades. (CERV-2026-CITIZENS-TOWN-NT).

Obxectivos:
-Apoiar de maneira inclusiva o compromiso e a participación da cidadanía na vida democrática e na elaboración de políticas públicas a nivel local.
-Desenvolver redes sostibles de cidades que cooperen a longo prazo ao redor de valores da UE e dereitos fundamentais.
-Promover o intercambio entre cidadáns de distintos países a través de redes de municipios, reforzando o sentimento de pertenza europea.

Entidades beneficiarias:
-Entidades xurídicas (públicas ou privadas): municipios, comités de irmandamento, autoridades locais ou rexionais, federacións/asociacións de autoridades locais, outras entidades sen ánimo de lucro que representen a autoridades locais.
-Países elixibles:
• Estados membros da UE (incluídos territorios de ultramar).
• Países asociados ou en proceso de asociación ao programa CERV.
-Composición do consorcio:
• Mínimo 4 entidades de 4 países elixibles distintos.
• Polo menos 2 deben ser Estados membros da UE.
• As actividades deben realizarse en polo menos 2 países distintos.

Gastos subvencionables:
Fináncianse, entre outras, as seguintes actividades: obradoiros, seminarios, conferencias, actividades de formación, coaching, reunións de expertos, seminarios web, actividades de sensibilización, eventos de gran visibilidade, recompilación de datos e consultas, desenvolvemento, intercambios e difusión de boas prácticas entre as autoridades públicas e as organizacións da sociedade civil, desenvolvemento de ferramentas de comunicación e uso das redes sociais.

Contía da Subvención:
Importe mínimo da subvención: 100.000€.
Importe máximo da subvención: sen límite.
A subvención concedida pode ser inferior ao importe solicitado.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: Convocatoria aberta ata 16 de abril de 2026 ás 17:00h.

Documentación e Bases:
CERV-2026-CITIZENS-TOWN-NT – Redes de ciudades
Máis información 

Contacto:
EACEA-CERV@ec.europa.eu

Punto nacional de contacto:
Ministerio de Cultura
Punto Europeo de Ciudadanía
Plaza del Rey, nº 1
28004 Madrid.
Teléfono: 91 701 74 66
Email: pec.cultura@cultura.gob.es

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal