Estás en:Novas
Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acuicultura - FEMPA

Proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños - DATA LÍMITE: 23/02/2026

Proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños - DATA LÍMITE: 23/02/2026

Convocatoria:
Axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras.

Obxectivos:
Conceder axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos colectivos que:
• Protexan e recuperen a biodiversidade e os ecosistemas mariños.
• Promovan a recollida de residuos mariños e arribazóns de algas que poidan afectar os bancos marisqueiros.
• Involucren activamente ás persoas pescadoras e mariscadoras nas accións desenvolvidas no mar, praias e zonas intermareales.
As actuacións deben contribuír a un medio mariño limpo e saudable, mitigar impactos ambientais negativos e mellorar as condicións da contorna de traballo do sector pesqueiro-marisqueiro.

Entidades beneficiarias:
• Confrarías de pescadores.
• Organizacións de produtores pesqueiros.
• Cooperativas do mar.
• Outras entidades asociativas xurídicas sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e formadas por persoas pescadoras ou mariscadoras.

Gastos subvencionables:
• Contratación de servizos externos para desenvolver as actuacións do proxecto.
• Compensacións económicas a armadores de embarcacións e mariscadoras que participen na recollida activa de residuos ou algas.
• Adquisición de equipamento e material necesario para a execución das accións.
• Gastos de persoal contratado especificamente para realizar as actividades do proxecto (incluíndo retribucións, cotizacións e demais custos laborais subvencionables).
• Dietas por viaxe e mantemento do persoal (sempre que estean directamente relacionadas co proxecto).
• Custos indirectos (a tipo fixo do 7 % de custos directos subvencionables).
• Gastos de amortización de elementos de transporte utilizados no proxecto (segundo normativa).

Contía da subvención:
Intensidade máxima da axuda: ata o 100 % do gasto subvencionable.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 24/01/2026 - 23/02/2026 

Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Consellería do Mar.
Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca.
Santiago de Compostela.
Tlf: 981 546 147
Email: galp.cm@xunta.gal

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal