Estás en:Novas
Fondo de Transición Xusta

Préstamos para proxectos de investimento das PEMES - Transición Xusta - DATA LÍMITE: 11/05/2026

Préstamos para proxectos de investimento das PEMES - Transición Xusta - DATA LÍMITE: 11/05/2026

Convocatoria:
Préstamos parcialmente reembolsables para proxectos de investimento das pequenas e medianas empresas no instrumento financeiro do Programa do fondo de transición susta de España 2021-2027. Territorio P2 A Coruña.

Obxectivos:
Concesión de préstamos parcialmente reembolsables para financiar proxectos de investimento de pemes xeradoras de emprego na provincia da Coruña, combinando préstamo e subvención nunha única operación. O carácter reembolsable depende do cumprimento de obxectivos de creación neta de emprego, favorecendo a contratación de persoas afectadas polo peche das centrais térmicas e doutros colectivos con dificultades de empregabilidade.

Entidades beneficiarias:
Son beneficiarias as PEMES, persoas físicas ou xurídicas, así como agrupacións, comunidades de bens, sociedades civís ou outras unidades económicas sen personalidade xurídica, sempre que:
• Realicen ou vaian realizar a iniciativa empresarial nun centro de traballo situado na provincia da Coruña.
• Executen un proxecto de investimento das tipoloxías: novo establecemento, ampliación, diversificación, transformación fundamental e con investimento subvencionable mínimo de 60.000 €.
• O proxecto implique creación neta de emprego.

Municipios elixibles:
Todos os da provincia da Coruña.
Aínda que todos os municipios da provincia da Coruña son elixibles, a localización inflúe directamente na puntuación do proxecto.
100 puntos para os proxectos nas zonas de transición xusta de Meirama e As Pontes, localizados na comarca de Ordes (municipios de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo), na Comarca do Eume (A Capela, As Pontes, Cabanas, Pontedeume e Monfero), e na comarca de Ferrol (Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, As Somozas, Cedeira, Moeche, San Sadurniño, Valdoviño e Neda).

50 puntos no caso dos proxectos situados no resto dos municipios que figuran nos protocolos xerais de actuación para o deseño dos convenios de transición xusta acordados entre o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, as consellerías correspondentes das comunidades autónomas e a Federación Española de Municipios e Provincias, así como nos convenios de transición xusta que se subscriban de acordo co artigo 28 da Lei 7/2021, do 21 de maio, de cambio climático e transición enerxética, e que se relacionan no anexo XII.

Gastos subvencionables:
Investimentos produtivos en activos materiais e inmateriais adquiridos a terceiros non vinculados coa persoa beneficiaria. Os investimentos produtivos deben entenderse como investimentos en capital fixo ou como o activo inmobilizado dunha empresa para producir bens e servizos, de maneira que se contribúa á formación bruta de capital e ao emprego.

Contía da subvención:
Límite tramo reembolsable + tramo non reembolsable: 70% do investimento subvencionable.
O tramo non reembolsable (subvención) é:
• 25% do investimento subvencionable para medianas empresas.
• 35% do investimento subvencionable para pequenas empresas e microempresas.
Condicionantes:
Polo menos o 30% do investimento subvencionable debe financiarse con terceiros (bancos ou outras entidades privadas/públicas españolas).
A empresa beneficiaria debe achegar unha contribución financeira mínima do 25% dos custos subvencionables, con recursos propios ou financiamento externo sen axuda pública.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 09/02/2026 - 11/05/2026

Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Santiago de Compostela
Tlf.: 900 815 151
Correo-e:informa@igape.es

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal