Estás en:Novas
A BPDC NA PROVINCIA

Perspectivas literarias en... Irixoa: ‘As letras moradas. Un achegamento literario sobre o feminismo’

O 5 de marzo, ás 11 h na Irixoa, terá lugar un encontro coas autoras Lydia Chas e María Nieto, baixo a proposta 'As letras moradas. Un achegamento literario sobre o feminismo'.

Perspectivas literarias en... Irixoa: ‘As letras moradas. Un achegamento literario sobre o feminismo’

"As letras moradas. Un achegamento literario sobre o feminismo"

Este encontro encádrase baixo a actividade 'Perspectivas literarias' que desenvolve a Biblioteca da Deputación da Coruña dende o pasado xaneiro até xuño.

Ambas as autoras son mulleres emprendedoras, unha delas dende o rural, e teñen ampla experiencia tanto no sector literario como na comunicación e o xornalismo, co que podería quedar unha conversa entretida e que sexa tamén un foco feminista de evolución da muller no mundo das letras.

O faladoiro manterá dinámicas participativas para que toda aquela veciñanza asistente poida introducirse no diálogo e formular as súas inquedanzas ás participantes.

Lydia Chas

Nada na parroquia rural de Veigue, Sada, a súa vida profesional xira arredor das letras. É escritora, editora, correctora editorial, coach creativa, mentora de escritoras e organizadora de eventos literarios. Entre as súas obras destacan Virtualmente perfecto, Cupido, esto es personal e La magia tenía otros planes, nas que mestura humor e amor. Ademais, é a creadora do pódcast Palabra de escritora, no que comparte a súa experiencia no sector editorial e ofrece consellos profesionais a novas escritoras.

María Nieto

Nada na Coruña, é a directora da axencia E-Me Comunicación, xornalista, columnista en varios medios de comunicación e escritora. Como autora, foi finalista de varios certames literarios, como o de Relatos en Cadea, de Cadena SER, así como gañadora do Certame Eros en Fisterra coma micronovela El tacto. Ten publicados dous poemarios, Lo que pudo haber sido, lo que es, lo que nunca será e O corpo en loita, a novela Hogar e participou en varias escolmas de relatos. Ademais, é a creadora do pódcast Desquiciadas de libro no que, xunto a tamén escritora Abril Camino, profundizan en diversos temas da actualidade literaria.

PERSPECTIVAS LITERARIAS: UN PROXECTO DA BIBLIOTECA PROVINCIAL PARA O FOMENTO DA LECTURA

A través desta proposta cultural, dinamízanse media ducia de bibliotecas da provincia da Coruña, procurando fomentar a lectura entre o público adulto e xuvenil cun diálogo directo entre persoas lectoras e autoras que narran dende Galicia.

Cada un dos faladoiros do programa xira en torno a un tema de actualidade social vinculado coa obra literaria dos e das escritoras participantes, como pode ser a migración, os problemas sociais, a identidade de xénero e busca un "novo xeito de achegar novas voces e descentralizar a cultura".