EE.LL. menores subvencións para: auditorias de abastecemento para minimizar as perdas de auga e auditorías das redes de saneamento para a detección de infiltracións
Augas de Galicia
DOG 25/02/2026
RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos e ás entidades locais menores, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de auditorías de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento AU301C).
BDNS (Identif.): 888994
"Poderán ser entidades beneficiarias os concellos e as entidades locais menores responsables de sistemas de abastecemento que teñan unha poboación total igual ou inferior a 50.000 habitantes".
RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos e ás entidades locais menores, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de auditorías das redes de saneamento para a detección de infiltracións, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento AU301D).
BDNS (Identif.): 888952
"Poderán ser entidades beneficiarias os concellos e as entidades locais menores responsables de sistemas de saneamento que teñan unha poboación total igual ou inferior a 50.000 habitantes."
