Investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais - 20/03/2026
Convocatoria:
Axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais en réxime de concorrencia competitiva.
Obxectivos:
Establecer as bases reguladoras e convocar para 2026, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais.
Entidades beneficiarias:
• Microempresas, pequenas e medianas empresas (incluídas persoas autónomas) do sector forestal.
• Radicadas en Galicia.
• En relación con investimentos realizados en zonas rurais segundo o ámbito territorial do PEPAC.
• Inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados.
Gastos subvencionables:
Investimentos novos (non iniciados antes da publicación da convocatoria nin simples substitucións) nas seguintes liñas:
Liña 1: Xestión forestal activa
Liña 2: Madeira e biomasa
Liña 3: Castaña e resina
Liña 4: Valor engadido na primeira transformación da madeira.
Liña 5: Medición, rastrexabilidade e caracterización da madeira obxecto de aproveitamento.
Contía da subvención:
Límites máximos por solicitante :
• Liñas 1 e 4: 200.000 €.
• Liñas 2 e 3: 160.000 €.
• Liña 5: 50.000 €.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 20/02/2026 - 20/03/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Consellería de Economía e Industria
Axencia Galega da Industria Forestal
A Coruña
Teléfono: 881995472/ 881995474/ 881995479/ 881995497
Correo-e: xera.cei@xunta.gal
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
