A BPDC comprometida coa sociedade
Marzo en feminino
A piques de empezar o mes de marzo, adiantámosvos a Campaña pola igualdade que a Biblioteca vai desenvolver este mes.
Un só día para reivindicar a igualdade fáisenos moi pouco.
Por iso, desde a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, adicamos o mes de marzo a traballar, de xeito aínda máis activo que o resto do ano, a prol dos dereitos da metade da poboación.
A nosa campaña de "Marzo en feminino" abrangue varias iniciativas que agardavos vos acheguen á reflexión e a poñer en valor a loita feminista.
