A Deputación da Coruña financia a contratación de técnicos deportivos en 66 concellos da provincia
O deputado de Deportes, Antonio Leira, afirma que "estas axudas son fundamentais para que os concellos, especialmente os máis pequenos, poidan ofrecer unha programación deportiva estable, segura e de calidade"
A Deputación da Coruña aprobou a concesión definitiva das subvencións para financiar os gastos de contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes. O orzamento total do programa chega este ano aos 789.320 euros
Con estes fondos 66 concellos da provincia poderán contratar técnicos deportivos, contribuíndo ao mantemento de postos de traballo nas áreas de deporte.
O deputado de Deportes, Antonio Leira, subliñou o impacto destas achegas no funcionamento do deporte local. "O persoal técnico é o motor do deporte nos concellos. Grazas a estes profesionais é posible manter abertas as instalacións, organizar escolas deportivas e ofrecer actividades para todas as idades, algo que resulta especialmente importante nos municipios máis pequenos", sinalou.
Leira destacou tamén que o programa contribúe a mellorar a calidade e a seguridade das actividades. "Estas axudas permiten que as programacións estean dirixidas por persoal cualificado e profesional, o que se traduce nun mellor servizo para a cidadanía". Ademais, lembrou que a Deputación pode financiar ata o 80% do custo destes postos, "o que supón un importante alivio económico para as administracións locais".
A través desta liña, a institución provincial reforza o papel do deporte como ferramenta de saúde, convivencia e dinamización social, facilitando que a práctica deportiva chegue de forma regular e organizada ao conxunto do territorio.
Concellos beneficiarios e contías concedidas
Abegondo: 15.000 €
Ames: 10.000 €
Aranga: 15.000 €
Ares: 15.000 €
Arteixo: 15.000 €
A Baña: 10.000 €
Betanzos: 15.000 €
Boimorto: 10.000 €
Boiro: 15.000 €
Boqueixón: 10.000 €
Cabana de Bergantiños: 5.000 €
Camariñas: 15.000 €
Carballo: 15.000 €
Cariño: 15.000 €
Carnota: 15.000 €
Carral: 10.000 €
Cedeira: 5.000 €
Cee: 15.000 €
Coiros: 15.000 €
Corcubión: 10.000 €
Dodro: 15.000 €
Dumbría: 10.000 €
Fene: 10.000 €
Ferrol: 15.000 €
Fisterra: 10.000 €
Frades: 10.000 €
Irixoa: 10.000 €
Lousame: 15.000 €
Mañón: 10.000 €
Mazaricos: 14.320 €
Melide: 10.000 €
Mesía: 10.000 €
Miño: 15.000 €
Moeche: 10.000 €
Monfero: 15.000 €
Mugardos: 10.000 €
Muxía: 7.500 €
Neda: 7.500 €
Noia: 15.000 €
Oleiros: 10.000 €
Oroso: 10.000 €
Outes: 10.000 €
Padrón: 15.000 €
O Pino: 10.000 €
A Pobra do Caramiñal: 15.000 €
Ponteceso: 10.000 €
Pontedeume: 10.000 €
Porto do Son: 10.000 €
Rianxo: 10.000 €
Ribeira: 10.000 €
Rois: 15.000 €
San Sadurniño: 10.000 €
Santa Comba: 15.000 €
Santiso: 15.000 €
Sobrado: 15.000 €
Teo: 10.000 €
Toques: 15.000 €
Tordoia: 15.000 €
Touro: 10.000 €
Trazo: 15.000 €
Val do Dubra: 10.000 €
Valdoviño: 10.000 €
Vedra: 10.000 €
Vilasantar: 10.000 €
Vimianzo: 15.000 €
Zas: 10.000 €
