Pagamentos directos á agricultura e á gandería e das axudas ao desenvolvemento rural - 30/04/2026
Convocatoria:
Aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandería e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.
Obxectivos:
Regular e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia para a anualidade 2026 as:
• Axudas directas á agricultura e á gandería.
• Axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema Integrado de Xestión e Control (SIXC), no marco do PEPAC 2023-2027.
Inclúense, entre outras:
• Axuda básica á renda para a sustentabilidade.
• Axuda redistributiva complementaria.
• Axuda complementaria para persoas agricultoras mozas.
• Ecorréximes.
• Axudas asociadas.
• Intervencións agroambientais, forestais e de zonas con limitacións naturais.
Entidades beneficiarias:
Con carácter xeral:
• Persoas agricultoras activas.
• Titulares de explotacións agrarias.
• Persoas físicas ou xurídicas (ou agrupacións) titulares de explotacións inscritas nos rexistros correspondentes (Reaga/Rega), segundo a intervención.
Gastos subvencionables:
A orde regula fundamentalmente:
• Pagamentos directos desacoplados da produción.
• Pagamentos asociados a determinados sectores.
• Primas anuais compensatorias por compromisos ambientais, climáticos ou forestais.
• Compensacións por limitacións naturais.
Contía da subvención:
A contía varía segundo o tipo de intervención:
• Pagamentos directos: segundo dereitos e prácticas declaradas.
• Axudas agroambientais: importes por hectárea.
• Forestais: primas anuais con dotación orzamentaria específica.
• Zonas con limitacións naturais: pagamento compensatorio cofinanciado.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitude: 23/02/2026-30/04/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Consellería do Medio Rural
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
A Coruña
Teléfono: 981 184 525
Correo-e: fogga.coruna@xunta.gal
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
