Estás en:Novas
Outras convocatorias

Auditorías de abastecemento encamiñadas a elaboraren plans de actuacións para minimizar as perdas de auga - 31/07/2026

Auditorías de abastecemento encamiñadas a elaboraren plans de actuacións para minimizar as perdas de auga - 31/07/2026

Convocatoria:
Concesión de subvencións aos concellos e ás entidades locais menores, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de auditorías de abastecemento encamiñadas a elaboraren plans de actuacións para minimizar as perdas de auga.

Obxectivos:
Financiar auditorías de abastecemento encamiñadas a elaboraren plans de actuacións para minimizar as perdas de auga en concellos e entidades locais menores de Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva.

Entidades beneficiarias:
Concellos e entidades locais menores da Comunidade Autónoma de Galicia.
Responsables de sistemas de abastecemento.
Cunha poboación total igual ou inferior a 50.000 habitantes.

Gastos subvencionables:
Serán subvencionables os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2026 destinados á:
• Elaboración de auditorías dos sistemas de abastecemento en alta e de subministración en baixa para minimizar as perdas de auga.
• O IVE será subvencionable só se non é recuperable pola entidade beneficiaria.

Contía da subvención:
100 % do investimento subvencionable.
Límite máximo: 10.000 € por solicitude (IVE incluído).

Prazo de presentación de solicitude: 06/03/2026 - 31/07/2026

Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Augas de Galicia
Santiago de Compostela
Teléfono: 981 541 632
Correo-e: augasdegalicia@xunta.gal

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal