Estás en:Novas

A Deputación apoia con medio millón de euros a 28 entidades que desenvolven programas sociosanitarios na provincia

O programa permite que asociacións de pacientes e familiares manteñan servizos vitais de psicoloxía, fisioterapia e asesoramento.

As axudas provinciais cobren dende os 1.394 € do proxecto máis modesto ata os 40.000 € destinados ás terapias de rehabilitación máis complexas

A Deputación apoia con medio millón de euros a 28 entidades que desenvolven programas sociosanitarios na provincia

FOTO (ARQUIVO): Visita do presidente Valentín González Formoso e da deputada de Política Social, Mar García Vidal, á Asociación Sarela de Santiago, unha das beneficiarias do programa

A Deputación da Coruña publicou hoxe no Boletín Oficial da Provincia a resolución do programa de subvencións destinado ao mantemento de programas sociosanitarios desenvolvidos por entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia.

Cun investimento total de 499.965,49 €, a institución provincial apoia nesta convocatoria a un total de 28 asociacións e federacións que traballan en ámbitos como o dano cerebral, o cancro, as enfermidades raras ou os trastornos de conduta alimentaria.

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, salientou que estas axudas son "un pulmón financeiro imprescindible para que as entidades poidan manter servizos especializados de fisioterapia, psicoloxía e traballo social aos que o sistema público non sempre chega".

Nesta edición, o importe máximo concedido sitúase en 40.000,00 € (recibido pola Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple e a Asociación de Dano Cerebral Sarela), mentres que o importe mínimo é de 1.394,54 €.

Listaxe de entidades beneficiarias

A continuación detállanse as 28 entidades que figuran na proposta de concesión provisional do programa FOCVAA:

ANHIDACORUÑA (Asociación de nenos con TDAH)
Asoc. Compostela Esclerose Múltiple, Parkinson, ELA e Enfermidades Raras
Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple
Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña
ASANOG (Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia)
SARELA (Asociación de Dano Cerebral Adquirido)
ALCER Coruña (Enfermidades do Riles)
Asociación de Sarcomas Grupo Asistencial
Asociación Española Contra o Cancro
AFAFES (Asoc. Familiares Enfermos de Alzheimer Fisterra e Soneira)
ASPERGA (Asociación Galega de Asperger)
Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (Sela)
Asociación Galega de Linfedema (AGL)
AGAL (Asociación Galega de Lupus)
Asociación Galega contra a Fibrose Quística
ASEM Galicia (Asoc. Galega contra as Enfermidades Neuromusculares)
Asoc. Galega de Afectados por Transplantes Medulares
Asociación Galega de Hemofilia
Asociación Galega de Transplantes Airiños
Asociación Parkinson Ferrol
Asociación Parkinson Galicia
Federación ALCER Galicia
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC)
Federación Galega de Asociación de Diabéticos
Fundación Andrea (Apoio a nenos con enfermidades de longa duración)
Fundación DEGEN
Liga Reumatolóxica Galega

Resolución no BOP: 2026_0000001482