Fomento do compromiso e a participación da cidadanía na vida democrática e cívica da Unión Europea - 29/04/2026
Convocatoria:
Convocatoria de propostas para fomentar o compromiso e a participación da cidadanía na vida democrática e cívica da Unión. (CERV-2026-CITIZENS-CIV).
Obxectivos:
Promover a participación da cidadanía e das asociacións representativas na vida democrática e cívica da Unión Europea, fomentando o intercambio público de opinións sobre as políticas da UE e reforzando democracias fortes e resilientes.
A convocatoria busca fortalecer a participación cidadá, a integridade dos procesos democráticos e a resiliencia social fronte á manipulación da información.
A convocatoria cobre os seguintes temas que representan 3 prioridades de convocatoria:
• Apoio a procesos electorais libres, xustos e inclusivos.
• Promoción da participación cidadá máis alá das eleccións.
• Loita contra a desinformación e a manipulación informativa estranxeira.
Entidades beneficiarias:
Poden participar entidades establecidas en países elixibles do programa CERV:
Solicitantes principais:
• Entidades privadas sen ánimo de lucro.
• Universidades públicas.
• Autoridades públicas (segundo a prioridade: nacionais, rexionais ou locais).
Co-solicitantes:
• Entidades sen ánimo de lucro (públicas ou privadas).
• Organizacións internacionais.
En moitas prioridades requírese un consorcio mínimo de dúas entidades de dous países elixibles distintos.
Gastos subvencionables:
A subvención concédese mediante importe fixo (lump sum) vinculado a paquetes de traballo ou eventos.
Actividades financiables:
• Conferencias, debates, talleres e seminarios.
• Campañas de sensibilización.
• Formación e intercambio de boas prácticas.
• Desenvolvemento de ferramentas dixitais ou plataformas de participación cidadá.
• Investigación, publicacións e materiais de difusión.
Os proxectos deben implicar participación directa e verificable da cidadanía ou de partes interesadas.
Contía da subvención:
Subvención mínima por proxecto: 75.000 €
Subvención máxima: sen límite fixado.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 3 marzo 2026 - 29 abril 2026 (17:00 CET)
Documentación e bases:
Bases reguladoras
Sede electrónica:
• Apoio a procesos electorais libres, xustos e inclusivos.
• Promoción da participación cidadá máis alá das eleccións.
• Loita contra a desinformación e a manipulación informativa estranxeira.
Contacto:
Punto Europeo de Ciudadanía
Ministerio de Cultura
Plaza del Rey, 1
28004 – Madrid
Teléfono: +34 91 701 74 66
Correo-e: pec.cultura@cultura.gob.es
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
