Obradoiro "Ramas Literarias" en Frades, As Pontes, Valdoviño e Zas
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña achégalles actividades de animación á lectura e o desenvolvemento de habilidades creativas e da escritura ás persoas usuarias das bibliotecas da provincia da Coruña.
Neste mes achegámonos a Frades, Ás Pontes, Valdoviño e Zas para levar a cabo o Obradoiro "Ramas Literarias"
Agardámosvos a todas!
Como noutras ocasións, estas actividades non supoñen custo para os concellos nin para as persoas participantes.
OBRADOIROS DE RAMAS LITERARIAS
Datas próximas:
- 9 de abril en Frades
- 16 de abril nas Pontes
- 23 de abril en Valdoviño
- 30 de abril en Zas
Con este taller dámoslles a oportunidade ás nenas e nenos de reflexionar sobre aquelas historias que son importantes na súa vida literaria. Facendo unha metáfora coa figura das árbores, personalizarán o tronco e as súas ramas con elementos escritos ou decorativos relacionados coas ditas historias. Un taller idóneo para que os nenos e as nenas traballen con variados materiais como latas, ramas, la, etc. vinculándoos de xeito creativo coa literatura.
DETALLES DA ACTIVIDADE
- Duración: 90 min
- Participantes: rapazada de 6 e 11 anos
- Prazas: 18 por sesión
- Todos os materiais para levar a cabo a actividades están incluídos
- Inscrición: na biblioteca onde ten lugar o taller
Vindeiras sesións:
07/05/2026 - Coristanco
14/05/2026 - Padrón
28/05/2026 - Vimianzo
