Estás en:Novas
Fomento da lectura

Mes do libro

En abril celébrase o Día Internacional do Libro, e sendo unha das nosas datas máis sinaladas, achegamos a programación que a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña vai desenvolver ao longo de todo o mes.

Agardámosvos a todxs!

Mes do libro

Actividades nas bibliotecas da provincia

Formación eBiblioDaCoruna

  • Bergondo: Venres 10 de abril ás 17:00 h.
  • Ares: Luns 13 de abril ás 17:00 h.
  • Rois: Luns 27 de abril ás 17:00 h.
  • Mugardos: Xoves 30 de abril ás 16:00 h.

Actividades nas bibliotecas da provincia no mes de abril

  • TALLERES DE ROBÓTICA EDUCATIVA: MICRO:BIT PARA PÚBLICO INFANTIL: Obradoiro do 10 Abril ao 8 de Maio - Vimianzo
  • TALLERES DE CAPACITACIÓN DIXITAL PARA ADULTOS: MANEXO DE SMARTPHONE:  Obradoiro do 8-29 de Abril - Mesía.
  • VISITA INSTITUCIONAL da BPDC e Cultura da Deputación ao concello de Mesía o día 8
  • OBRADOIROS DE LETTERING CON BRUSHPEN:
    • 13/04/2026 - A Pobra do Caramiñal
    • 27/04/2026 - Cee
  • OBRADOIROS DE RAMAS LITERARIAS:
    • 09/04/2026 - Frades
    • 16/04/2026 - As Pontes
    • 23/04/2026 - Valdoviño
    • 30/04/2026 - Zas
  • TALLERES DE ROBÓTICA EDUCATIVA: LEGO WEDO PARA PÚBLICO INFANTIL: Obradoiro do 11 Abril ao 2 de Maio - Vedra
  • PERSPECTIVAS LITERARIAS: 17 de Abril "A saúde mental nas historias" - Teo

Actividades na Biblioteca Provincial

  • 2 de abril - 20 de maio: EBIBLIODACORUNA CLUB LECTOR 

Lemos e comentamos "Los apóstatas," de Gonzalo Celorio. Premio Cervantes. SALA COMPARTIENDO LECTURAS

  • 8, 9 e 10 de abril: 10:00 h - VISITA GUIADA ESCOLAR

Visitas escolares do colexio Grande Obra de Atocha onde os alumnos de 2 de primaria coñecerán os espazos e materiais da Biblioteca

  • 23 de abril: DÍA DO LIBRO
    • 12:00 h - Visita guiada: Coñece os tesouros e fondos destacados da Biblioteca.

Facémosche un percorrido pola historia da Biblioteca, as curiosidades da institución e unha selección dos fondos.

      • 15 prazas.
      • Reserva praza a partir do 07/04 no 981 415 176 ou biblioteca.info@dacoruna.gal Envía nome e apelidos e un medio de contacto (teléfono ou enderezo electrónico)
      • Duración aproximada: 90 min.

    • 18:30 h - Presentación libro do libro : " Os libros durmidos " con María Canosa e Laura Suárez

Presentación do libro" Os libros durmidos " escrito por María Canosa, ilustrado por Laura Suárez e publicado pola Deputación da Coruña. O libro é unha viaxe pola historia da BPDC e convértese nunha ferramenta de divulgación dos servizos no que os lectores ou usuarios viven unha aventura da man das súas persoaxes: Sabela e Martiño. Convidámosvos a descubrir esta obra e a túa Biblioteca Provincial.

      • Lugar. Biblioteca Provincial. Rúa Riego de auga, 37 Sala César Antonio Molina-Mercedes Monmany
      • Entrada libre ata completar aforo.