Un total de 36 probas conforman o Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña en 2026
O programa percorrerá a provincia ao longo do ano con probas en diferentes concellos e distancias
A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a relación de probas que integran o XII Circuíto de Carreiras, unha iniciativa consolidada que volverá levar o atletismo popular a 36 concellos da provincia ao longo de 2026 e que o pasado ano reuniu a arredor de 18.000 atletas de todas as idades.
As carreiras desta edición comezaron xa esta pasada fin de semana coa celebración da Carreira Popular Pascua de Padrón, unha das probas máis consolidadas do calendario.
O circuíto estará composto por 36 carreiras, que se celebrarán en diferentes concellos coruñeses e que incluirán probas de distintas distancias, adaptadas a diversos niveis de participación.
A relación completa de carreiras é a seguinte:
Nome | Concello | Data de celebración |
45º Carreira Popular Pascua de Padrón | Padrón | 4 de abril |
Carreira Popular Concello de Vimianzo | Vimianzo | 12 de abril |
XI Carreira Pedestre Concello de Zas | Zas | 26 de abril |
XI Carreira Pedestre Popular Concello de Frades | Frades | 1 de maio |
Carreira Popular da Baña | A Baña | 3 de maio |
X Carreira Pedestre Concello de Dumbría | Dumbría | 23 de maio |
XXIX Carreira Popular Concello de Ordes | Ordes | 24 de maio |
XI Carreira Popular Concello de Moeche | Moeche | 30 de maio |
10K Carballo. XIV Carreira Popular Concello de Carballo | Carballo | 7 de xuño |
6ª Popular Faro Roncudo | Ponteceso | 13 de xuño |
Volta ás Forcadas | Valdoviño | 14 de xuño |
Carreira Popular do Apóstolo | A Laracha | 18 de xullo |
11ª Carreira Pedestre Nocturna Concello de Cee | Cee | 18 de xullo |
Piñeiral de Cabanas | Cabanas | 2 de agosto |
Milla Urbana Concello de Ares | Ares | 8 de agosto |
X Corretroita Popular Concello de Sobrado | Sobrado | 8 de agosto |
XXXIII Carreira Popular Concello de Cambre | Cambre | 15 de agosto |
Carreira Pedestre Popular de Noia (Noia Medieval) | Noia | 29 de agosto |
Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal | A Pobra do Caramiñal | 30 de agosto |
Carreira Vila de Corcubión | Corcubión | 5 de setembro |
Carreira Nocturna “Corre por Ferrol” | Ferrol | 12 de setembro |
XI Carreira Popular Dolmen de Dombate | Cabana de Bergantiños | 19 de setembro |
XXI Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino | O Pino | 20 de setembro |
XXVII Carreira Popular Santa Uxía - Memorial Miguel Ruiz | Ribeira | 26 de setembro |
Trillazo 2026 | Trazo | 26 de setembro |
Carreira das Areas | Carnota | 27 de setembro |
XLIII Carreira Pedestre Popular da Amaía | Brión | 3 de outubro |
XXI Carreira Pedestre de Lestrobe | Dodro | 12 de outubro |
IV Trail Concello de Mañón | Mañón | 17 de outubro |
XXV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames | Ames | 18 de outubro |
XII Carreira Popular Concello de Rianxo | Rianxo | 1 de novembro |
Carreira Internacional A Clásica de Negreira | Negreira | 15 de novembro |
XXI Carreira Popular Mar de Boiro - Memorial Pepe Buceta | Boiro | 6 de decembro |
Sinsón 10K | Porto do Son | 20 de decembro |
San Silvestre Concello de Neda | Neda | 31 de decembro |
O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou "a boa acollida que ten cada ano o circuíto e o traballo conxunto entre a Deputación, os concellos e a Federación Galega de Atletismo para garantir probas ben organizadas e abertas a todo tipo de participantes".
O XII Circuíto manterá o seu carácter aberto, con categorías para diferentes idades e niveis, consolidando un calendario deportivo presente en toda a provincia ao longo do ano.
