A Deputación da Coruña aproba 114.961,65 euros en axudas para reforzar as agrupacións de Protección Civil da provincia
A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP a concesión definitiva da liña de subvencións destinada a apoiar investimentos das agrupacións de voluntariado de Protección Civil da provincia, cun investimento total de 114.961,65 euros.
A resolución da Presidencia beneficia a 16 agrupacións e asociacións da provincia, que poderán mellorar os seus medios materiais e operativos para facer fronte ás situacións de emerxencia.
O programa está orientado á adquisición de equipamento, maquinaria, ferramentas de rescate, sistemas de comunicación ou mesmo dotación de novos vehículos, reforzando así a capacidade de resposta dun servizo esencial para a seguridade da cidadanía.
Estas axudas enmárcanse na aposta da Deputación por apoiar o voluntariado de Protección Civil, especialmente nos concellos de menor tamaño, onde desempeñan un papel clave na prevención, intervención en emerxencias e apoio á veciñanza.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que "as agrupacións de voluntarios de Protección Civil realizan un traballo fundamental para garantir a seguridade das persoas en toda a provincia". Formoso subliñou que "con estas axudas contribuímos a que conten con mellores medios para desenvolver o seu labor, reforzando a capacidade de resposta ante calquera emerxencia e recoñecendo tamén o compromiso do voluntariado, que é un dos grandes activos dos nosos concellos".
RELACIÓN DE AXUDAS APROBADAS
Beneficiario Importe (€)
AVPC Abegondo 4.129,49
AVPC Arteixo 9.359,29
AVPC Betanzos 3.981,87
AVPC Carnota 4.045,48
AVPC Curtis 9.880,00
AVPC Dumbría 7.165,43
AVPC Muxía 11.400,00
AVPC Trazo 3.970,62
AVPC Vilasantar 3.513,92
AVPC Oroso 9.880,00
AVPC Mazaricos 3.952,00
AVPC Xallas 11.400,00
AVPC Boiro 6.653,04
AVPC Negreira 6.670,51
Asociación de Agrupacións de Protección Civil 9.480,00
Asociación Provincial de Agrupacións de Protección Civil da Coruña 9.480,00
TOTAL: 114.961,65 €
