Carta de Servizos da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
O 10 de abril de 2026 publicouse no BOP da Coruña a Carta de Servizos da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, que xa está en vigor.
BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA: CARTA DE SERVIZOS
1. DATOS DE CARÁCTER XERAL: IDENTIFICACIÓN E LOCALIZACIÓN
- DENOMINACIÓN: BIBLIOTECA PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA (BPDC)
- DEPENDENCIA ORGÁNICA: Institución de titularidade e xestión local dependente da Deputación da Coruña
- LOCALIZACIÓN:
Rúa Rego de Auga, núm. 37, 15001 A Coruña
Teléfonos: 981 415 342 / 981 415 176
Coordenadas: 43.37064595013523 - 8.398417347032616
Correo electrónico: biblioteca.info@dacoruna.gal
Web: https://dacoruna.gal/biblioteca
Sede electrónica: https://sede.dacoruna.gal/sxc/gl/
- HORARIOS DE ATENCIÓN
A través da páxina web da BPDC pódese consultar en todo o momento a información relativa aos seus horarios de atención ao público, os cambios que sufran estes e os días de peche.
O horario habitual establécese:
- Horario de inverno:
De luns a venres: 08:30 a 20:15 h
Sábado: 09:30 a 13:45 h
- Horario de verán:
De luns a venres: 08:30 a 13:45 h – 15:30 a 20:15 h
- FORMAS DE ACCESO E TRANSPORTE
A BPDC está situada no centro da cidade, pódese acceder a ela mediante transporte público:
- Autobuses urbanos: liñas 1, 1A, 2, 2A, 3, 5, 7, 17, 23 e 23A, con parada en Autoridade Portuaria.
2. DEFINICIÓN
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña (en adiante BPDC) é un servizo de titularidade e xestión da Deputación da Coruña, responsable da prestación duns servizos concibidos cunha tripla finalidade:
- Biblioteca da Deputación da Coruña: ser o centro de referencia do patrimonio bibliográfico da Deputación da Coruña garantindo o acceso a este, dando soporte e información sobre as publicacións da Deputación da Coruña e o patrimonio bibliográfico que custodia e actuando como centro de documentación e depositario da produción bibliográfica da institución provincial.
- Biblioteca provincial: ser o órgano responsable da relación da Deputación da Coruña cos concellos e outras entidades da provincia en materia de bibliotecas, animación e dinamización no ámbito da lectura e dos libros e ofrecerlles ferramentas ás institucións, ao persoal bibliotecario e aos concellos da provincia que o demanden.
- Biblioteca pública: ser un servizo público básico que ten como propósito ofrecerlle á cidadanía, en condicións de igualdade, gratuidade e continuidade, o acceso a un conxunto organizado de fondos bibliográficos e recursos informativos que posibilitan a información, a educación e a cultura.
3. MISIÓN, VISIÓN E VALORES DA BPDC
- MISIÓN:
- Facilitarlle á comunidade á que serve, con especial incidencia na provincia, unha serie de servizos diversificados relacionados co acceso á información, á cultura, á educación, á formación, ao entretemento e á investigación no contexto da sociedade do coñecemento, poñendo á súa disposición unha colección organizada de materiais bibliográficos, audiovisuais e dixitais, así como de outros recursos de información.
- Conservación e difusión do patrimonio bibliográfico local da provincia da Coruña.
- Colaboración e apoio ás bibliotecas municipais da provincia da Coruña e as súas persoas usuarias, con especial incidencia naqueles municipios de menor poboación, actuando como centro de referencia.
- Ser o centro de documentación e de información interno da Deputación da Coruña, a disposición do seus centros e o persoal.
- VISIÓN:
- Consolidar á BPDC como axente e servizo clave na Deputación da Coruña, conservando e difundindo o seu propio patrimonio bibliográfico e o da provincia.
- Consolidar a función esencial da Biblioteca dentro da Deputación da Coruña, que non é outra que ser a xestora do patrimonio bibliográfico da institución con independencia da súa localización e garantir o acceso e dar información sobre as publicacións da Deputación da Coruña.
- Lograr a coordinación e cooperación bibliotecaria a nivel provincial e desenvolver os plans estratéxicos necesarios para fomentar a colaboración interbibliotecaria. Así mesmo, cooperar con outras institucións da provincia.
- Ofrecerlle asistencia, soporte e apoio ao persoal, institucións e concellos da provincia que o demanden para a mellora da prestación dos seus servizos bibliotecarios.
- Lograr a coordinación e cooperación entre os diferentes departamentos ou áreas da Deputación da Coruña e desenvolver os plans estratéxicos necesarios para ser o centro referente en xestión das publicacións da Deputación da Coruña.
- Ofrecerlles asistencia e soporte de índole bibliográfica, documental e bibliotecaria a todas as áreas, servizos e centros da Deputación da Coruña.
- Ser un centro de recursos, cultura e coñecemento referente para a cidadanía, consolidándose como un espazo de inclusión, participación e aprendizaxe, facilitando o acceso á información e fomentando hábitos de lectura, lectura recreativa e competencias dixitais.
- VALORES
Os valores que definen a la BPDC son os seguintes:
- Visión local: dar preferencia ás necesidades de ámbito provincial e promover o uso da lingua galega e o fomento da cultura propia favorecendo a súa normalización social.
- Calidade: ofrecerlles ás nosas persoas usuarias servizos de excelencia.
- Visibilidade: contribuír ao coñecemento e difusión da cultura da provincia da Coruña.
- Accesibilidade: facilitar o acceso aos servizos e espazos físicos e dixitais, prestando especial atención ás persoas con necesidades especiais.
- Profesionalidade: desenvolver as competencias profesionais de todo o persoal da BPDC, da maneira máis eficaz e eficiente posible, e garantir a súa profesionalidade propoñéndolle ao Servizo de Formación da Deputación da Coruña, un plan de formación e actualización profesional permanente do que se beneficiaría o persoal bibliotecario da provincia da Coruña.
- Gratuidade: os servizos de consulta en sala, préstamo a domicilio persoal e colectivo, información bibliográfica obtida cos recursos da BPDC, información á comunidade e formación das persoas usuarias son de carácter gratuíto.
- Aprendizaxe: promover un maior nivel de alfabetización informacional das persoas usuarias das bibliotecas da provincia da Coruña, para que adquiran a capacidade de recoñecer cando necesitan información, e para localizar, avaliar, utilizar e comunicar de forma ética a dita información.
- Investigación: a BPDC ofrece servizos para satisfacer as necesidades da investigación e contribuír á difusión da produción bibliográfica e documental da provincia.
- Alianzas, Cooperación e Sociedade: ampliar as prácticas existentes en relación con alianzas e cooperacións a nivel provincial, autonómico e nacional co obxectivo de chegar a ter un impacto directo ou indirecto na sociedade.
- Privacidade: respectar o dereito de cada persoa usuaria á privacidade e á confidencialidade da información que busca ou recibe, así como dos recursos que consulta, toma en préstamo, adquire ou transmite, protexendo os seus datos persoais nos termos establecidos pola lexislación vixente.
- Empatía coas persoas usuarias: ser sensible ás necesidades das persoas usuarias e ofrecer un servizo adaptado.
- Mellora continua: estar en constante proceso de mellora, buscando ofrecer mellores servizos e adaptándose ás novas necesidades da comunidade á que serve.
- Espírito creativo e innovador: adoptar estratexias que vaian máis aló da simple oferta de libros e servizos de información para fomentar a creatividade, a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal das persoas usuarias.
- Sostibilidade e eficiencia na xestión dos recursos: optimizar o uso de recursos materiais, enerxéticos e financeiros, á vez que se promove a dixitalización, o acceso equitativo á información e a protección do medio ambiente.
- Respecto á diversidade e transmisión de principios e valores transversais: promover a neutralidade ideolóxica e a igualdade de acceso á información e ao coñecemento para todas as persoas, independentemente do seu nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
4. FUNCIÓNS E COMPETENCIAS
- COMO BIBLIOTECA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA:
- Actuar como centro depositario e de conservación, en calquera soporte, da produción bibliográfica e documental da Deputación da Coruña, así como ser o seu centro de documentación e información.
- Conservar, ampliar e difundir o patrimonio bibliográfico e documental que custodia.
- Ofrecer asistencia e soporte de índole bibliográfica, documental e bibliotecaria a todas as áreas, servizos e centros da Deputación da Coruña.
- Salvagardar e ser referencia do patrimonio bibliográfico da Deputación da Coruña e da provincia.
- Calquera outra función que lle sexa encomendada pola Deputación da Coruña ou que se derive da evolución das necesidades do servizo bibliotecario e a cooperación cultural.
- COMO BIBLIOTECA PROVINCIAL:
- Asesorar, cooperar e apoiar ás entidades e ás bibliotecas municipais da provincia da Coruña en materias acordes aos fins da BPDC.
- Conservar e difundir a cultura local da provincia da Coruña.
- Coordinar e executar accións cos concellos da provincia da Coruña en materia de bibliotecas e animación á lectura.
- Calquera outra función que se lle encomende pola normativa vixente a Deputación da Coruña ou que se derive da evolución das necesidades do servizo bibliotecario e a cooperación cultural.
- COMO BIBLIOTECA PÚBLICA:
- Aquelas que estableza a lexislación vixente en materia de bibliotecas.
5. SERVIZOS QUE SE OFRECEN
A BPDC ofrécelles os seus servizos e recursos, en igualdade de oportunidades e sen discriminación por causa ningunha, a todas as persoas, colectivos e entidades da provincia que os soliciten.
Os seus servizos fundamentais son os seguintes:
- Información e orientación bibliográfica e de referencia
- Información sobre a Biblioteca, os seus servizos e os seus recursos de información.
- Orientación para buscar e localizar información bibliográfica e no uso dos recursos de información.
- Información bibliográfica especializada sobre calquera área de coñecemento.
- Consulta en sala e préstamo de documentos
Consulta en sala de materiais orixinais ou reproducidos pertencentes ou subscritos pola BPDC.
Préstamo a domicilio, ás persoas e entidades que conten co carné da BPDC, dos documentos que non estean expresamente excluídos deste servizo, debido ás súas características e/ou estado de conservación.
Renovación e reserva de exemplares segundo as condicións que estableza a normativa da BPDC.
Préstamo interbibliotecario, ás persoas que conten co carné da BPDC, de documentos orixinais ou reproducidos que non formen parte das súas coleccións, segundo as condicións que estableza a biblioteca prestataria. Así mesmo, préstamo a outras bibliotecas dos documentos orixinais ou reproducidos pertencentes á BPDC.
- Reprodución de documentos
- Posta á disposición das persoas usuarias de medios para reproducir documentos pertencentes ás coleccións da BPDC, sempre que as súas características e/ou estado de conservación o permitan e respectando as limitacións establecidas na lexislación vixente.
- Sala de lectura
Espazos adecuados para satisfacer distintas necesidades das persoas usuarias: lectura individual, realización de traballos en grupo, etc.
- Servizo de investigación documental e bibliográfica
- Sala acondicionada para atender as demandas de consulta de documentos orixinais ou de reproducións pertencentes ás coleccións da BPDC, logo de que o soliciten as persoas investigadoras.
- Atención á investigación sobre os fondos patrimoniais e tramitación de solicitudes de reprodución.
- Internet e wifi gratuíto
- Acceso gratuíto a Internet, por medio dos ordenadores conectados de uso público ou da rede wifi, postos á
disposición das persoas usuarias da BPDC. - Adquisición de fondos
- Adquisición de novos documentos que permitan completar as coleccións da BPDC e lograr un mellor cumprimento das súas funcións.
- Atención ás solicitudes de adquisición de fondos e de contratación de licenzas de acceso a recursos electrónicos realizadas polas persoas usuarias (desideratas).
- Difusión bibliográfica e de novas relacionadas coa BPDC
- Información periódica a través de diferentes medios sobre os novos materiais e documentos ingresados na BPDC.
- Información periódica a través de diferentes medios relativa ás actividades organizadas ou nas que participa a BPDC, e a todos aqueles aspectos relacionados cos seus servizos e co seu funcionamento que poidan resultar de interese.
- Formación de persoas usuarias
- Sesións formativas programadas ou a petición das persoas usuarias de carácter introdutorio sobre a BPDC, os seus servizos e o acceso e uso dos recursos de información.
- Actividades de extensión cultural e fomento da lectura
- Actividades e programas de promoción da lectura, desenvolvemento dos hábitos lectores e alfabetización dixital destinados ás bibliotecas dos municipios da provincia da Coruña, con especial incidencia nos de menor poboación.
- Asistencia técnica e asesoramento a bibliotecas, colectivos e institucións da provincia da Coruña para organizar servizos bibliotecarios e de información
- Soporte especializado e orientación profesional a bibliotecas, así como a diferentes colectivos e institucións
da provincia da Coruña para a creación, desenvolvemento e mellora dos seus propios servizos bibliotecarios
e de información. - Servizo de apoio ás bibliotecas municipais dos concellos de menor poboación da provincia da Coruña para incrementar a súa colección.
- Contribución ao enriquecemento e actualización dos fondos bibliográficos das bibliotecas municipais situadas nos concellos de menor poboación da provincia da Coruña que o soliciten. O servizo desenvólvese seguindo criterios técnicos profesionais, atendendo ás necesidades de cada concello e garantindo a transparencia, a eficiencia na xestión e o uso axeitado dos recursos públicos.
- Intercambio de publicacións
- Programas de intercambio de publicacións establecidos con diferentes institucións de ámbito local, autonó-
mico, nacional e internacional. - Conservación do patrimonio documental e bibliográfico
- Custodia e salvagarda de fondos bibliográficos e documentais de valor pertencentes á BPDC.
- Colaboración na xestión e dinamización do patrimonio bibliográfico e documental de titularidade local no ámbito da provincia da Coruña e da que é titular a Deputación da Coruña.
- Asistencia técnica e documental aos diferentes centros e servizos da Deputación da Coruña.
- Soporte e asistencia técnica en todas as necesidades en materia bibliográfica e documental das diferentes áreas, departamentos e centros que forman parte da Deputación da Coruña.
6. DEREITOS E DEBERES DAS PERSOAS USUARIAS
Dereitos:
- As persoas usuarias, tanto a título individual e no seu propio nome como en nome e representación das persoas xurídicas legalmente constituídas, teñen dereito a acceder mediante solicitude aos documentos, material bibliográfico e á información conservada na BPDC coas limitacións derivadas da normativa vixente en materia de acceso á información.
- Libre acceso ás instalacións coas limitacións derivadas da normativa da propia BPDC.
- Acceder de forma libre e gratuíta aos servizos da BPDC definidos como básicos na lexislación vixente en materia de bibliotecas (exceptúanse aqueles servizos que teñen algunha taxa).
- Acceder aos fondos e á súa reprodución de acordo coas normas xurídicas, os procedementos establecidos e os medios existentes (na propia BPDC ou alleos).
- Obter canta información se precise sobre as coleccións e servizos propios da BPDC, así como sobre outras bibliotecas e centros de información.
- Coñecer o estado das súas solicitudes; ser atendido correctamente polo persoal da BPDC.
- Recibir asistencia técnica e asesoramento nos ámbitos de actuación propios da BPDC.
- Presentar as suxestións e queixas sobre o funcionamento da BPDC, a través das canles habilitadas para tal efecto.
- A relacionarse electronicamente coa BPDC
- Ser atendido indistintamente en calquera das dúas linguas oficiais.
- Ter garantía da protección dos seus datos de carácter persoal e, en particular, da seguridade e confidencialidade dos datos que figuren nos ficheiros, sistemas e aplicacións da BPDC, segundo a lexislación vixente nesta materia.
Deberes:
- Velar pola conservación dos libros e documentos, evitando calquera dano ou anotación sobre estes, e facer un uso adecuado das instalacións e dos equipamentos.
- Respectar as normas de convivencia nas instalacións, evitando condutas que molesten ou sexan irrespectuosas, ofensivas ou agresivas.
- Devolver os materiais en préstamo nas datas estipuladas para non prexudicar outras persoas usuarias.
- Respectar a legalidade vixente en materia de propiedade intelectual e dereitos de autoría.
- Facilitar con veracidade, exactitude, autenticidade e vixencia os datos de carácter persoal que se lles solicite.
7. PARTICIPACIÓN E CANLES DE CONTACTO
Para acadar o seu obxectivo de mellora continua na súa resposta ás demandas das persoas usuarias e na prestación dos seus servizos, a BPDC fomenta a participación de toda a cidadanía na súa xestión, a través das seguintes canles:
- Suxestións e reclamacións, que se poden realizar mediante:
- a presentación na propia BPDC do formulario específico, dispoñible nas súas instalacións e na súa páxina web.
- a presentación do formulario específico a través da sede electrónica da Deputación da Coruña ou doutra canle habilitada para tal efecto.
- o envío dun correo electrónico, dirixido á atención da Dirección da BPDC ao enderezo: biblioteca.info@dacoruna.gal.
- Remitir escritos de comunicación postal ou electrónica á Dirección da BPDC.
- Enquisas de satisfacción:
- Breve cuestionario dispoñible na páxina web da BPDC e, periodicamente, en formato papel nas súas instalacións, para que calquera persoa usuaria o cubra, expoñendo a súa valoración do grao de cumprimento das demandas realizadas e a calidade da atención e dos servizos recibidos.
- Enquisas sobre actividades puntuais que organiza ou nas que participa a BPDC, para a avaliación por parte das persoas asistentes e/ou promotoras de diversos aspectos relativos a estas.
- Periodicamente, realizarase unha análise comparativa destas para avaliar a evolución na atención e na prestación dos servizos.
- Doazóns: Procedemento regulamentado que posibilita a doazón á BPDC de material bibliográfico de interese provincial.
8. MEDIDAS DE COMPENSACIÓN E/OU EMENDA
As persoas usuarias que consideren que a BPDC incumpriu algún dos compromisos asumidos nesta Carta, poderán presentar unha reclamación dirixida á persoa titular da Dirección da BPDC, quen no caso de constatar a existencia dalgún incumprimento lles remitirá, polo medio que especificaren, un escrito informando das causas polas que o compromiso non se puido cumprir e as medidas adoptadas, no seu caso, para emendar o incumprimento detectado.
Estas reclamacións poderán realizarse a través das canles sinaladas no apartado anterior no relativo a suxestións e reclamacións.
9. COMPROMISOS DE CALIDADE
A BPDC comprométese a prestar os seus servizos conforme a criterios de calidade, eficiencia, transparencia e mellora continua, asumindo os seguintes compromisos verificables:
10. SISTEMA DE SEGUIMENTO E AVALIACIÓN
- Periodicidade da avaliación: anual.
- Responsable do seguimento: a Dirección da Biblioteca Provincial da Coruña.
- Fontes de verificación:
- Estatísticas internas de servizo
- Rexistros de atención ás persoas usuarias
- Informes de xestión
- Sistemas de control bibliotecario
Os resultados da avaliación publicaranse a través dos medios habituais da BPDC e servirán de base para a adopción de medidas correctoras e accións de mellora.
11. MEDIDAS DE EMENDA NO CASO DE INCUMPRIMENTO
No caso de que non se acaden os obxectivos comprometidos:
- Analizaranse as causas do incumprimento.
- Adoptaranse medidas de mellora organizativa ou técnica.
- Informaráselles ás persoas usuarias dos cambios introducidos para mellorar a calidade do servizo.
12. MARCO INSTITUCIONAL E NORMATIVO
Esta carta de servizos fundaméntase en:
- Constitución española de 1978
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
- Lei 10/2007, do 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas
- Lei 16/1985, do 25 de xuño de 1985 do Patrimonio Histórico Español
- Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia
- Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos
- Real decreto 951/2005, do 29 de xullo, polo que se establece o marco xeral para a mellora da calidade na Administración Xeral do Estado
- Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración
- Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
- Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
- Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público
- Real decreto 582/1989, do 19 de maio, polo que se aproban o Regulamento de Bibliotecas Públicas do Estado e do Sistema Español de Bibliotecas
- Real decreto 1573/2007, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Consello de Cooperación Bibliotecaria
- Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia
- Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia
- Lei 8/1989, do 15 de xuño, de delimitación e coordinación das competencias das deputacións provinciais de Galicia
- Decreto 97/2020, do 25 de xuño, polo que se regulan determinados instrumentos para a xestión, a avaliación, a supervisión e a mellora da calidade no sector público autonómico de Galicia
- Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia
- Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
- Lei orgánica 10/2022, de 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual
- Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais
- Regulamento de funcionamento da Biblioteca da Deputación da Coruña.
- Manifiesto IFLA-UNESCO sobre Bibliotecas Públicas 2022
- Mapa de bibliotecas de Galicia
- Norma UNE 93200:2008 Cartas de servicios. Requisitos
- Guía para o desenvolvemento de Cartas de Servizos (Axencia Estatal de Avaliación das Políticas Públicas e a Calidade dos Servizos)
13. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
A BPDC procura a protección das persoas que acceden ás súas instalacións, así como das súas coleccións. Esta protección organízase en torno a varios supostos de risco:
- Plan de autoprotección da Biblioteca Provincial.
- Plan de prevención de riscos laborais da Deputación Provincial da Coruña (R.P. núm. 2724 / 2000 do 27 de xaneiro de 2020).
- Protocolo de actuación fronte ao acoso psicolóxico ou moral no traballo e aos acosos discriminatorio sexual e porrazón de sexo no ámbito da Deputación Provincial da Coruña (R.P. núm. 5453 / 2017 do 16 de febreiro de 2017).
- Plan de acción das políticas de igualdade de xénero na provincia da Coruña 2019 – 2023 (prorrogado no Pleno de decembro de 2023 ata o 2026)
- Plan de emerxencia da BPDC.
- Lei 1/2023, do 20 de febreiro, de cooperación para o desenvolvemento sostible e a solidariedade global
- Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible
14. RESPONSABLE DA CARTA
A Dirección da Biblioteca Provincial da Coruña.
15. VIXENCIA E SEGUIMENTO
Esta carta de servizos ten unha vixencia de tres anos desde a súa publicación.
A Coruña, 7 de abril de 2026
Valentín González Formoso
Presidente da Deputación da Coruña

