O Plan Único 2026 da Deputación da Coruña alcanza os 153 millóns de euros e supera xa nun 11% ao do ano pasado
O pleno aproba unha modificación de crédito de 65 millóns que eleva o POS+2026 por riba do do pasado ano
O investimento supera xa nun 11% os 138 millóns de 2025
O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, no marco dun expediente de modificación de créditos, unha partida adicional por importe de 65 millóns de euros para Plan Único (POS+2026), que se suman aos 88 millóns consignados inicialmente, elevando o investimento total ata os 153 millóns de euros.
A cifra supón un incremento de preto dun 11% respecto aos 138 millóns totais de 2025 e consolida o Plan Único como o principal instrumento de cooperación municipal de Galicia e unha referencia a nivel estatal pola súa dimensión, flexibilidade e impacto directo nas economías dos concellos.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que "o Plan Único é hoxe a mellor ferramenta que teñen os concellos para garantir servizos, investir e planificar con estabilidade, especialmente nun momento de forte incremento dos custos". Formoso subliñou que "estamos nun contexto marcado pola inflación, pola incerteza internacional e polo encarecemento da enerxía e dos servizos, e os concellos están asumindo máis gastos que nunca, polo que este plan resulta clave para darlles seguridade e capacidade de resposta".
O presidente puxo en valor o modelo do POS+, baseado nun reparto obxectivo, transparente e equitativo dos fondos entre os 93 concellos da provincia, atendendo a criterios como a poboación ou a superficie de cada concello. Formoso lembrou ademáis que "son os concellos os que deciden libremente en que investir, en función das súas prioridades e do que precisa a súa veciñanza", explicou.
Neste sentido, destacou que o Plan Único permite financiar unha ampla variedade de actuacións, desde obras e infraestruturas ata programas sociais, culturais ou ambientais, pero incidiu especialmente na súa importancia para sosteñer o funcionamento diario dos municipios. "Non se trata só das máis de 4.500 obras executadas xa nos concellos cos fondos do Plan Único, senón de miles de servizos básicos como o alumeado público, a limpeza, o mantemento das vías municipais ou os servizos sociais que os concellos poden soster grazas a este plan. Ese gasto é menos visible, pero absolutamente esencial para a calidade de vida da xente", afirmou.
Formoso advertiu de que "sen este apoio, moitos concellos terían serias dificultades para manter o nivel actual de servizos nun contexto de subida xeneralizada dos custos" e engadiu que "a Deputación está a facer un esforzo extraordinario para estar á altura das necesidades dos municipios, mentres outras administracións seguen sen reforzar o financiamento local na medida necesaria". Neste punto, lembrou que "a Deputación da Coruña continúa a investir máis nos 93 concellos da provincia que a Xunta de Galicia nos 313 concellos galegos, e facémolo ademais con fondos que respectan plenamente a autonomía local". Neste sentido, demandou o incremento do financiamento dos municipios por parte da administración autónomica e o seu reparto en base a criterios obxectivos e non en función de cores políticas.
O Plan Único mantén un reparto equilibrado en todo o territorio provincial, garantindo que todos os concellos, independentemente do seu tamaño ou localización, dispoñan de recursos suficientes para atender as súas necesidades e desenvolver proxectos que melloren a calidade de vida da veciñanza.
Na comarca da Coruña, o investimento supera xa este ano os 36,2 millóns de euros, permitindo reforzar servizos e acometer actuacións nunha das áreas máis poboadas da provincia; na comarca de Santiago, o POS+2026 acada os 43,1 millóns de euros, a maior dotación por áreas, reflectindo o seu peso territorial e garantindo recursos para infraestruturas e servizos municipais; en Ferrolterra, Eume e Ortegal, o investimento supera os 28,6 millóns de euros, contribuíndo á mellora das infraestruturas locais e ao mantemento dos servizos nun territorio especialmente sensible aos cambios económicos; na comarca de Bergantiños e Costa da Morte, o plan mobiliza máis de 26,3 millóns de euros, permitindo avanzar na mellora das comunicacións e dos servizos básicos; e no Barbanza, o investimento acada os 18,6 millóns de euros, reforzando a capacidade dos concellos para atender as necesidades da veciñanza e impulsar o desenvolvemento local.
Formoso concluíu subliñando que "o Plan Único demostra que hai outra forma de facer política local, baseada na confianza nos concellos, na igualdade territorial e na resposta ás necesidades reais da xente", e engadiu que "a Deputación actúa e garante que os concellos teñan recursos para seguir funcionando e mellorando".
Comarcas | POS + inicial/ 2026 | POS+ AD2/2026 | TOTAL POS + 2026 |
A Coruña | 20.180.578,46 | 16.063.590,47 | 36.244.168,93 |
Santiago | 25.305.801,37 | 17.833.699,65 | 43.139.501,02 |
Bergantiños | 15.250.837,43 | 11.066.759,55 | 26.317.596,98 |
Ferrol | 16.175.520,48 | 12.441.647,73 | 28.617.168,21 |
Barbanza | 11.087.262,26 | 7.594.302,60 | 18.681.564,86 |
Total | 88.000.000,00 | 65.000.000,00 | 153.000.000,00 |
Comarca da Coruña | POS + inicial /2026 | POS + AD2/2026 | Total POS + 2026 |
Abegondo | 982.199,98 | 606.374,82 | 1.588.574,80 |
Aranga | 766.910,96 | 480.648,59 | 1.247.559,55 |
Arteixo | 2.179.029,12 | 1.367.787,94 | 3.546.817,06 |
Bergondo | 729.724,06 | 449.486,97 | 1.179.211,03 |
Betanzos | 888.533,04 | 700.301,93 | 1.588.834,97 |
Cambre | 1.524.430,96 | 1.914.322,01 | 3.438.752,97 |
Carral | 729.599,01 | 561.912,56 | 1.291.511,57 |
Coirós | 438.512,99 | 273.626,09 | 712.139,08 |
Coruña, A | 371.678,13 | 234.417,95 | 606.096,08 |
Culleredo | 1.861.687,17 | 2.531.404,64 | 4.393.091,81 |
Curtis | 836.492,35 | 528.413,99 | 1.364.906,34 |
Irixoa | 550.977,55 | 354.431,78 | 905.409,33 |
Mesía | 819.145,34 | 508.368,52 | 1.327.513,86 |
Miño | 705.539,73 | 442.471,36 | 1.148.011,09 |
Oleiros | 2.078.321,50 | 1.280.180,39 | 3.358.501,89 |
Oza Cesuras | 1.380.970,30 | 853.765,38 | 2.234.735,68 |
Paderne | 519.089,47 | 349.098,73 | 868.188,20 |
Sada | 1.092.202,19 | 1.528.101,22 | 2.620.303,41 |
Sobrado | 831.521,55 | 520.904,53 | 1.352.426,08 |
Vilarmaior | 384.264,24 | 258.188,55 | 642.452,79 |
Vilasantar | 509.748,82 | 319.382,52 | 829.131,34 |
Total comarca | 20.180.578,46 | 16.063.590,47 | 36.244.168,93 |
Comarca de Santiago | POS+ inicial /2026 | POS+ AD2/2026 | Total POS+ 2026 |
Ames | 2.003.997,30 | 1.314.490,03 | 3.318.487,33 |
Arzúa | 1.316.846,29 | 820.237,89 | 2.137.084,18 |
Baña, A | 854.380,24 | 565.019,40 | 1.419.399,64 |
Boimorto | 716.715,63 | 462.754,20 | 1.179.469,83 |
Boqueixón | 792.421,62 | 495.484,28 | 1.287.905,90 |
Brión | 903.866,08 | 613.947,03 | 1.517.813,11 |
Dodro | 413.482,10 | 299.075,41 | 712.557,51 |
Frades | 702.266,88 | 466.015,63 | 1.168.282,51 |
Melide | 1.248.549,38 | 779.914,33 | 2.028.463,71 |
Negreira | 1.118.242,19 | 736.044,74 | 1.854.286,93 |
Ordes | 1.483.889,46 | 927.267,64 | 2.411.157,10 |
Oroso | 909.829,51 | 703.140,62 | 1.612.970,13 |
Padrón | 758.146,05 | 748.677,65 | 1.506.823,70 |
Pino, O | 1.031.565,57 | 644.432,49 | 1.675.998,06 |
Rois | 849.022,59 | 528.604,53 | 1.377.627,12 |
Santa Comba | 1.562.179,97 | 1.039.557,10 | 2.601.737,07 |
Santiago de Compostela | 1.572.144,13 | 1.321.935,79 | 2.894.079,92 |
Santiso | 703.175,46 | 440.251,85 | 1.143.427,31 |
Teo | 1.443.381,20 | 990.917,51 | 2.434.298,71 |
Toques | 629.586,47 | 389.990,65 | 1.019.577,12 |
Tordoia | 887.443,28 | 554.291,64 | 1.441.734,92 |
Touro | 995.438,80 | 1.388.233,36 | 2.383.672,16 |
Trazo | 806.047,59 | 523.055,41 | 1.329.103,00 |
Val do Dubra | 878.502,03 | 573.453,76 | 1.451.955,79 |
Vedra | 724.681,55 | 506.906,71 | 1.231.588,26 |
Total comarca | 25.305.801,37 | 17.833.699,65 | 43.139.501,02 |
Comarca de Bergantiños e Costa da Morte | POS+ inicial/2026 | POS+ AD2/2026 | Total POS+ 2026 |
Cabana de Bergantiños | 838.427,28 | 519.885,05 | 1.358.312,33 |
Camariñas | 623.379,44 | 400.982,78 | 1.024.362,22 |
Carballo | 2.466.262,75 | 1.621.568,87 | 4.087.831,62 |
Cee | 782.490,93 | 504.681,42 | 1.287.172,35 |
Cerceda | 895.559,33 | 571.074,16 | 1.466.633,49 |
Corcubión | 256.737,55 | 158.553,70 | 415.291,25 |
Coristanco | 1.136.650,09 | 957.081,08 | 2.093.731,17 |
Dumbría | 861.376,75 | 552.775,48 | 1.414.152,23 |
Fisterra | 496.556,14 | 314.728,02 | 811.284,16 |
Laracha, A | 1.301.895,66 | 899.108,26 | 2.201.003,92 |
Laxe | 494.240,11 | 397.225,34 | 891.465,45 |
Malpica de Bergantiños | 709.891,90 | 457.546,96 | 1.167.438,86 |
Muxía | 999.530,35 | 668.762,53 | 1.668.292,88 |
Ponteceso | 925.351,10 | 1.426.067,25 | 2.351.418,35 |
Vimianzo | 1.398.842,08 | 915.565,87 | 2.314.407,95 |
Zas | 1.063.645,97 | 701.152,78 | 1.764.798,75 |
Total comarca | 15.250.837,43 | 11.066.759,55 | 26.317.596,98 |
Comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal
| POS+ inicial /2026 | POS+ AD2/2026 | Total POS+ 2026 |
Ares | 528.868,43 | 345.124,37 | 873.992,80 |
Cabanas | 515.601,41 | 412.482,60 | 928.084,01 |
Capela, A | 457.625,89 | 314.425,53 | 772.051,42 |
Cariño | 540.522,96 | 332.945,07 | 873.468,03 |
Cedeira | 853.967,52 | 539.586,80 | 1.393.554,32 |
Cerdido | 417.188,59 | 294.203,47 | 711.392,06 |
Fene | 896.188,48 | 581.475,51 | 1.477.663,99 |
Ferrol | 713.656,24 | 635.161,28 | 1.348.817,52 |
Mañón | 589.932,29 | 371.448,20 | 961.380,49 |
Moeche | 444.763,79 | 275.847,99 | 720.611,78 |
Monfero | 983.059,74 | 665.652,02 | 1.648.711,76 |
Mugardos | 366.934,69 | 819.932,21 | 1.186.866,90 |
Narón | 2.184.536,77 | 2.061.410,23 | 4.245.947,00 |
Neda | 488.582,31 | 323.683,34 | 812.265,65 |
Ortigueira | 1.502.653,60 | 993.802,71 | 2.496.456,31 |
Pontedeume | 697.733,52 | 429.781,81 | 1.127.515,33 |
Pontes de García Rodríguez, As | 1.790.718,77 | 1.319.884,89 | 3.110.603,66 |
San Sadurniño | 736.130,69 | 470.650,44 | 1.206.781,13 |
Somozas, As | 585.227,65 | 377.480,76 | 962.708,41 |
Valdoviño | 881.627,14 | 876.668,50 | 1.758.295,64 |
Total comarca | 16.175.520,48 | 12.441.647,73 | 28.617.168,21 |
Comarca do Barbanza | POS+ inicial /2026 | POS+ AD2/2026 | Total POS+ 2026 |
Boiro | 1.403.036,27 | 954.642,25 | 2.357.678,52 |
Carnota | 648.467,12 | 435.182,44 | 1.083.649,56 |
Lousame | 731.599,68 | 460.806,13 | 1.192.405,81 |
Mazaricos | 1.196.641,58 | 739.206,45 | 1.935.848,03 |
Muros | 883.509,95 | 547.425,41 | 1.430.935,36 |
Noia | 956.926,40 | 761.587,89 | 1.718.514,29 |
Outes | 914.754,27 | 573.139,44 | 1.487.893,71 |
Pobra do Caramiñal, A | 714.617,41 | 582.466,57 | 1.297.083,98 |
Porto do Son, O | 1.040.785,92 | 702.902,69 | 1.743.688,61 |
Rianxo | 907.021,04 | 632.948,48 | 1.539.969,52 |
Ribeira | 1.689.902,62 | 1.203.994,85 | 2.893.897,47 |
Total comarca | 11.087.262,26 | 7.594.302,60 | 18.681.564,86 |
