Axudas concedidas a infraestruturas, dotacións, etc. para prestación servizos municipais
XUNTA DE GALICIA
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
DOGA 04/05/2026
RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2025, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida que se tramitou como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PR486A) (Diario Oficial de Galicia número 18, do 28 de xaneiro).
