Estás en:Novas
Outras convocatorias

Subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais de Galicia - 28/08/2026

Subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais de Galicia - 28/08/2026

Convocatoria:
Concesión de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia

Obxectivos:
Son actuacións subvencionables o reforzo e extensión da rede de distribución eléctrica que dá servizo a un parque empresarial existente ou en desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidades beneficiarias:
Concellos da comunidade autónoma de Galicia.

Gastos subvencionables:
Gastos establecidos no prego de condicións técnicas emitido pola empresa distribuidora para o reforzo e extensión da rede de distribución eléctrica que dá servizo a un parque empresarial existente ou en desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os ditos gastos deban ser asumidos polos solicitantes, conforme o establecido no artigo 25.3 do Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica.
Período de gasto subvencionable admitido: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata a data de xustificación do investimento.

Contía da subvención:
Con carácter xeral, a intensidade das axudas será dun 80 % do importe total considerado como subvencionable e cun máximo de 1.000.000,00 euros por solicitude..

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 29/05/2026 - 28/08/2026

Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Consellería de Economía e Industria
Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial
Edificio Administrativo San Caetano
15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)
Teléfono: 981545572
Email: cei.sxai@xunta.gal

Máis información – Impulso local