A Deputación garda un minuto de silencio polas vítimas do terremoto de Venezuela
A Deputación da Coruña gardou este mediodía un minuto de silencio en memoria das vítimas do terremoto que sacudiu Venezuela e que deixou un grave balance de falecidos, persoas feridas e importantes danos materiais.
A concentración, celebrada diante da sede provincial, congregou a membros da Corporación e a traballadores e traballadoras da institución, que quixeron expresar así a súa solidariedade co pobo venezolano e coas familias afectadas por esta traxedia.
A Deputación trasladou tamén o seu apoio á numerosa comunidade venezolana residente na provincia da Coruña e á colectividade galega en Venezuela, especialmente nestes momentos de dor e incerteza.
