Estás en:Novas

Abre o prazo de preinscrición para a V Edición do Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras

Convócanse 8 bolsas de matrícula gratuíta, destinadas ao persoal técnico da Deputación da Coruña e dos concellos da provincia

Abre o prazo de preinscrición para a V Edición do Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras

A Deputación da Coruña, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, informa da apertura do prazo de preinscrición para a V Edición do Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras, que permanecerá aberto ata o vindeiro 16 de xullo.

No marco dun convenio de colaboración entre ambas institucións, convócanse 8 bolsas de matrícula gratuíta, destinadas ao persoal técnico da Deputación da Coruña e dos concellos da provincia.

A información completa sobre o plan de estudos, o profesorado e as características da titulación pode consultarse na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/es/estudios/masteres/ciencias-sociales-juridicas/master-universitario-gobierno-local-politicas-publicas-innovadoras

Co obxectivo de facilitar a participación de profesionais en activo, o máster pode cursarse tanto nun único curso académico como na modalidade a tempo parcial, ao longo de dous cursos académicos. Nesta última modalidade, a docencia concéntrase, con carácter xeral, en dous días á semana, en horario de 9:30 a 14:15 horas, os martes e mércores durante o primeiro cuadrimestre. Nos seguintes cuadrimestres, a distribución dependerá das materias optativas elixidas, mantendo unha dedicación semellante.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa SOLICITUDE a través da Secretaría Virtual da Universidade de Santiago de Compostela. Os requisitos de acceso e o procedemento de admisión poden consultarse en: https://www.usc.gal/es/admision/master

Para calquera consulta sobre o programa ou sobre as bolsas, poden contactar coa coordinadora do máster, a profesora Natalia Paleo Mosquera, a través do correo electrónico natalia.paleo.mosquera@usc.es ou do teléfono 881 815 192. Tamén poden contactar co responsable da unidade de xestión administrativa do centro, Denís Fernández Méndez, no correo politicas.uxcd@usc.gal ou no teléfono 881 811 205