Estás en:Novas

A Deputación garda un minuto de silencio polas vítimas do incendio de Los Gallardos

A Deputación garda un minuto de silencio polas vítimas do incendio de Los Gallardos

A Deputación da Coruña convocou este mediodía un minuto de silencio na entrada do Pazo Provincial en memoria das vítimas do incendio forestal rexistrado en Los Gallardos, na provincia de Almería.

No acto participaron o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso; o vicepresidente, Xosé Regueira; membros da corporación e traballadoras e traballadores da Deputación.

A institución provincial trasladoulles a súa solidariedade ás familias das persoas falecidas, ás persoas feridas e a toda a poboación afectada polo incendio, así como o seu recoñecemento aos equipos de emerxencias que traballan intensamente na zona.