Subvencións para equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos 2026
XUNTA DE GALICIA
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
ORDE do 3 de agosto de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, para o ano 2026, para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados pola Unión Europea nun 60%, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR450A). BDNS (Identif.): 924361
