Estás en:Novas

As Meninas de Canido volven encher Ferrol de arte e creatividade nunha nova edición do festival

As Meninas chegan á súa 18º edición como unha das citas culturais máis singulares e consolidadas da cidade

As Meninas de Canido volven encher Ferrol de arte e creatividade nunha nova edición do festival

A deputada Rosa Ana García participou na presentación do programa da 18ª edción das Meninas

A deputada de Emprego, Rosa Ana García, participou hoxe en Ferrol na presentación dunha nova edición das Meninas de Canido, unha das citas culturais máis singulares e consolidadas da cidade.

No acto participaron tamén o fundador das Meninas de Canido, Eduardo Hermida; o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.

Rosa Ana García destacou a capacidade das Meninas para converter a creatividade e a cultura nun elemento de dinamización social e económica, ao tempo que contribúen a reforzar a identidade do barrio de Canido e a súa proxección dentro e fóra de Ferrol. "É unha cita imprescindible do calendario cultural galego e unha referencia internacional", afirmou.

Esta 18ª edición volverá reunir arte urbano, música, actividades culturais e propostas para todos os públicos, mantendo o espírito dun proxecto que ao longo dos anos transformou as rúas de Canido nun espazo aberto á creación artística e nun dos sinais de identidade da cidade.

A deputada provincial puxo tamén en valor o traballo desenvolvido por Eduardo Hermida e por todas as persoas, artistas e colectivos que fan posible cada edición das Meninas de Canido, unha iniciativa que converteu o barrio nun referente de creatividade e cultura urbana.