Provincia da Coruña, Naturalmente. Programa da Deputación da Coruña de baños de bosque e benestar na natureza.
Déixate abrazar polo bosque.
Vive unha experiencia de benestar e descubre o "Baño de Bosque", unha práctica de conexión consciente coa natureza de orixe xaponesa.
Unha invitación a camiñar amodo, respirar, escoitar e deixarte envolver pola calma do bosque.
Esta actividade é de balde e aberta a toda aquela persoa que queira asistir.
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: Experiencia guiada de conexión coa natureza mediante un paseo lento e consciente por unha contorna natural.
As sesións combinan camiñada pausada, paradas, silencio, respiración consciente, observación e dinámicas sensoriais.
LUGAR: Parque Natural das Fragas do Eume
Un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa.
DATA: 25 de outubro de 2026
HORARIO: de 10:30 a 13:00 horas.
PRAZAS: 15
INSCRICIÓN: do 9 ao 19 de outubro
LUGAR: Fraga de Cecebre e Encoro de Abegondo
Bosque próximo á Coruña, con boa accesibilidade e presenza de auga e camiños sombreados.
DATA: 8 de novembro de 2026
HORARIO: de 10:30 a 13:00 horas.
PRAZAS: 15
INSCRICIÓN: do 23 de outubro ao 2 de novembro
LUGAR: Área Recreativa de Brandelos (Touro)
Bosque de carballos xunto ao río, ambiente sereno e natural, con zoas de descanso.
DATA: 22 de novembro de 2026
HORARIO: de 10:30 a 13:00 horas.
PRAZAS: 15
INSCRICIÓN: do 6 ao 16 de novembro
LUGAR: Monte de Lobadiz (Ferrolterra)
Bosque costeiro con vistas ao mar, mestura de piñeiros e castiñeiras, sensación de amplitude e horizonte aberto.
DATA: 13 de decembro de 2026
HORARIO: de 10:30 a 13:00 horas.
PRAZAS: 15
INSCRICIÓN: do 23 de novembro ao 3 de decembro
DINAMIZADORA: Sandra Roco Robles. Guía de baños de bosque, certificada pola FTHUB.
FORMA DE INSCRICIÓN: Cubrindo o seguinte formulario_Pincha aquí
