A Deputación da Coruña organiza unhas xornadas micolóxicas gratuítas para poñer en valor o patrimonio natural da provincia e achegar o mundo dos cogomelos á cidadanía
O programa inclúe cinco saídas de campo entre novembro e decembro por espazos emblemáticos como o Monte Forgoselo, Sobrado dos Monxes, Dombate, Caaveiro e Balarés.

A sección de medio ambiente da Deputación da Coruña pon en marcha o programa “Xornadas Micolóxicas na Provincia”, unha proposta divulgativa pensada para promover o coñecemento, a identificación e a recolección sostible de cogomelos nos espazos naturais da provincia. Tamén se pretende visibilizar e concienciar sobre a extraordinaria riqueza do patrimonio natural provincial que conta cunha enorme variedade de hábitats fundamentais para o equilibrio ecolóxico.
As actividades, impartidas pola Asociación Micolóxica Coruñesa, desenvolveranse os sábados dos meses de novembro e decembro, en horario de 10:00 a 14:00 h. Cada cita contará cunha charla introdutoria á micoloxía, un percorrido guiado polo entorno e un espazo práctico de identificación das especies atopadas.
Calendario e localizacións
Coto micolóxico Monte Forgoselo, Casa do Mel:
Data: 14 de novembro de 2026
Hora: De 10:00 a 14:00 h
Programa: Charla introdutoria sobre micoloxía. Charla e sesión de degustación sobre a produción de mel, Pausa para o café, Percorrido polo coto micolóxico, Identificación de cogomelos, Peche da actividade.
Prazas: 30
Prazo de inscrición: do 02 ao 8 de novembro
Forma de inscrición: Cubrindo o seguinte formulario_Pincha aquí
Finca de Sobrado dos Monxes:
Data: 21 de novembro de 2026
Hora: De 10:00 a 14:00 h
Programa: Charla introdutoria sobre micoloxía, Pausa para o café, Percorrido pola finca da deputación, Identificación de cogomelos, Peche da actividade.
Prazas: 30
Prazo de inscrición: do 09 ao 15 de novembro
Forma de inscrición: Cubrindo o seguinte formulario_Pincha aquí
Dolmen de Dombate:
Data: 28 de novembro de 2026
Hora: De 10:00 a 14:00 h
Programa: Charla introdutoria sobre micoloxía, Pausa para o café, Visita ao dolmen e charla interpretativa. Percorrido pola contorna, Identificación de cogomelos, Peche da actividade.
Prazas: 30
Prazo de inscrición: do 16 ao 22 de novembro.
Forma de inscrición: Cubrindo o seguinte formulario_Pincha aquí
Mosteiro de Caaveiro:
Data: 12 de decembro de 2026
Hora: De 10:00 a 14:00 h
Programa: Charla introdutoria sobre micoloxía e e os valores ambientais do Parque Natural, Pausa para o café, Percorrido pola contorna (non recomendado para persoas con mobilidade reducida, Identificación de cogomelos, Peche da actividade.
Prazas: 30
Prazo de inscrición: do 30 de novembro ao 06 de decembro.
Forma de inscrición: Cubrindo o seguinte formulario_Pincha aquí
Finca de Balarés. (En colaboración co concello de Ponteceso)
Data: 19 de decembro de 2026
Hora: De 10:00 a 14:00 h
Programa: Charla introdutoria sobre micoloxía, Pausa para o café, Percorrido pola contorna, Identificación de cogomelos, Peche da actividade.
Prazas: 30
Prazo de inscrición: do 07 ao 13 de decembro.
Forma de inscrición: Cubrindo o seguinte formulario_Pincha aquí
A participación en todas as xornadas é totalmente de balde, cun límite de 30 prazas por quenda para garantir a calidade formativa e o coidado da contorna. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición nos prazos establecidos para cada unha das edicións a través da páxina web de Medio Ambiente cubrindo un formulario ou escaneando o código QR do cartel informativo.