Estás en:Novas

A Deputación achega 627.000 euros para a construción dunha ponte sobre o río Pedrouzo no concello de Tordoia

A institución provincial aprobou por unanimidade no pleno do venres un investimento de 577.370,97 euros para as obras e 50.419 euros para as expropiacións destinadas á súa execución

Na estrada provincial DP 8401, que transcorre dende Tablilla a Agro do Mestre por Pontepedra, detectouse que a capacidade hidráulica da estrutura existente é insuficiente en época de choiva

A Deputación achega 627.000 euros para a construción dunha ponte sobre o río Pedrouzo no concello de Tordoia

A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade no pleno do pasado venres unha achega de 627.789,97 euros para as obras que se levarán a cabo na DP 8401 no Concello de Tordoia. Do total do orzamento, 577.370,97 euros están destinados ás melloras previstas e 50.419 euros ás expropiacións para á execución das obras.

A estrada provincial DP 8401 cruza o río Pedrouzo e transcorre de Tablilla a Agro do Mestre por Pontepedra. Debido a súa proximidade ao río, no punto quilométrico 3+000 detectouse que a capacidade hidráulica da estrutura existente é insuficiente en épocas de choiva.

Por este motivo, é necesario demoler a dita estrutura e executar un novo marco de formigón armado dunha sección 6x3,5 metros. O marco rematarase en aletas que soporten as terras do terraplén para minimizar as perdas hidráulicas da auga na entrada e saída da obra.

Por outra parte, está prevista a mellora do trazado desta estrada na zona do cruce do río, eliminando a curva e contracurva existentes e substituíndoas por unha soa alineación en curva de maior radio que as actuais co obxectivo de mellorar o acceso e a circulación.

Entre as actuacións previstas, tamén está proxectado a reposición dos servizos afectados, a sinalización e defensas da vía e a implantación das medidas de integración paisaxística necesarias.

O prazo previsto para a execución das obras será de nove meses dende o seu comezo

Páxinas suxeridas