Estás en:Novas

A Deputación da Coruña participa na Mesa Técnica Interinstitucional do Camiño de Santiago

A Deputación da Coruña participa na Mesa Técnica Interinstitucional do Camiño de Santiago

A Deputación da Coruña participa de maneira activa na Mesa Técnica Interinstitucional do Camiño de Santiago que se está a desenvolver os días 13 e 14 de setembro en León. Na xuntanza analízanse problemas relacionados coa ruta e avalíanse posibilidades de colaboración institucional.

A técnica de xestión de proxectos da Área de Turismo da Deputación da Coruña, Paula Cabado, está a participar na Mesa Técnica Institucional do Camiño de Santiago, organizada pola Asociación de Municipios do Camiño Francés. Na xuntanza participan comunidades autónomas, deputacións e concellos polos que transcorre o Camiño Francés co fin de poñer en común problemas relacionados coa xestión da ruta histórica, ademais de promover a coordinación e o desenvolvemento de iniciativas en común.

A de León é a primeira xuntanza e nela preténdese aprobar un documento de traballo, un documento programático de colaboración institucional que será asinado a finais de 2019. Ademais da Deputación da Coruña, na xuntanza están presentes representantes da Deputación de Lugo ademais do xerente do Xacobeo.

Páxinas suxeridas