Estás en:Novas

A Deputación investirá 30 millóns de euros ata 2019 para impulsar a creación de 3.000 novos empregos directos na provincia

A Deputación da Coruña presentou hoxe o seu novo Plan de Emprego Local (PEL) 2016-2019, que investirá 30 millóns de euros durante este período para estimular a creación de postos de traballo nos sectores público e privado e apoiar a iniciativas emprendedoras nacidas na provincia.

A través deste plan, a Deputación trázase como obxectivo a creación de entre 2.800 e 3.000 novos postos de traballo directos, dos que 700 corresponderían á anualidade de 2016, segundo explicou o presidente do ente provincial, Valentín González Formoso.

Trátase do orzamento máis ambicioso destinado ata agora pola Deputación da Coruña a este ámbito, que multiplica por seis o esforzo investidor que viña realizando a institución provincial en materia de emprego e incorpora novidades como axudas ao fomento da iniciativa empresarial entre novos emprendedores, incentivos para a contratación de persoal nas pequenas empresas ou a creación dun premio provincial á mellor iniciativa empresarial.

O PEL foi presentado esta mañá en rolda de prensa polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a vicepresidenta Goretti Sanmartín e o deputado responsable da área de Promoción Económica, José Luis García, que coincidiron en subliñar que a "principal aposta" e a "liña de traballo transversal" durante o presente mandato vai a ser a xeración de emprego, o apoio ao emprendemento e a todo aquel proxecto que supoña a xeración de actividade económica na provincia.

"Levamos meses traballando nun plan para atallar un problema que é a principal preocupación da cidadanía desta provincia" afirmou González Formoso, que lembrou que máis de 90.000 familias coruñesas sofren a lacra do paro e destacou que o goberno provincial "tivo claro dende o primeiro día" que quería empregar os seus recursos  "nunha política transversal de creación de emprego", co obxectivo de "ser útiles á cidadanía".

Neste sentido pronunciouse tamén a vicepresidenta, Goretti Sanmartín, que subliñou a condición "transversal" do PEL, xa que "responde a unha política que a Deputación realiza en todos os plans e accións como o POS, o PAS, a Rede Cultural ou a contratación de persoal para a animación cultural e normalización" nos que o fomento do emprego é sempre un obxectivo principal. A través dos distintos plans, a Deputación realiza un investimento de 124 millóns de euros, que supón unha importante inxección económica para as economías municipais.

Pola súa banda, o deputado responsable da área de Promoción Económica e Emprego, José Luis García, detallou as principais liñas do PEL para o ano 2016 e afirmou que os concellos coruñeses "triplicarán" os recursos cos que contaban para favorecer a creación de emprego e que o Plan beneficiará especialmente aos colectivos máis desfavorecidos, como as persoas desempregadas maiores de 45 anos, parados de longa duración, mulleres (que contan cunha taxa de paro significativamente superior á masculina), persoas en risco de exclusión social ou aquelas que conten cun grao de discapacidade superior ao 33%.

7 millóns de euros para concellos, empresas e emprendedores en 2016

Para a anualidade de 2016, o Plan de Emprego da Deputación terá un orzamento de preto de 7 millóns de euros, que se destinarán a catro liñas fundamentais.

A primeira delas é o apoio aos concellos da provincia para a contratación de persoas en situación de desemprego que se dediquen á prestación de servizos municipais, cun orzamento de case 3 millóns de euros, coa que se pretende "evadir as dificultades que impón a Lei Montoro, que impide que os concellos, independentemente da súa situación económica, poidan contratar novos empregados", afirmou González Formoso

A segunda liña (cun orzamento de 1.270.000 euros), consiste no apoio ao emprendemento sostible e innovador, un aspecto que González Formoso definiu como "a semente de futuro dunha provincia dinámica" como a coruñesa, na que nacen múltiples proxectos empresariais, o que a sitúa como "o motor económico de Galicia". Esta liña comprende axudas á creación de novas iniciativas empresariais, fomento de viveiros e incubadoras de empresas e espazos de coworking na provincia e creación dun premio de 50.000 euros a proxectos emprendedores.

O PEL leva tamén unha "liña novidosa", ata agora nunca desenvolvida pola Deputación, que consiste no apoio ás pequenas empresas da provincia con incentivos á contratación de novo persoal, que supoñen axudas de ata o 75% dos custes salariais ata finais de ano, favorecendo o emprego estable e de calidade a nivel local, para o que se destinarán 2 millóns de euros este ano.

Para rematar, o plan contempla unha liña de 400.000 euros para a elaboración e presentación de novos proxectos relacionados co emprego que optarán a financiamento con fondos europeos que poderían incrementar aínda máis esta aposta polo emprego da Deputación da Coruña.

700 novos empregos directos en 2016

A través destas catro liñas de acción, o Goberno provincial espera crear durante 2016 máis de 700 empregos directos, dos que 500 serán persoas contratadas polos concellos coruñeses para a prestación de servizos municipais, 175 incorporaranse ao mundo laboral contratadas por pequenas empresas a través do programa de incentivos á contratación e crearanse 50 novas peme ou micropeme como resultado do programa de apoio a emprendedores.

Ademais, a Deputación trázase como obxectivos impulsar novos espazos de coworking e viveiros de empresas, conseguir financiamento para dous novos proxectos europeos orientados ao fomento do emprego na provincia e a fortalecer o tecido empresarial no ámbito local, favorecendo a creación de redes de traballo entre os diferentes sectores produtivos.

PEL -  ORZAMENTO 2016. LIÑAS DE ACTUACIÓN

LIÑAS DE ACTUACIÓN

TOTAL

1. CONCELLOS

2.980.000,00€

1.1.Contratación de persoas desempregadas para prestación de servizos en concellos

2.980.000,00€

2. EMPRENDEMENTO SOSTIBLE E INNOVADOR

1.270.000,00€

2.1. Fomento iniciativa empresarial

740.000,00€

2.2. Promoción  viveiros empresas concellos e espazos coworking

300.000,00€

2.3. Proxecto Piloto coworking

150.000,00€

2.4. Incentivo calidade innovación-PREMIO MELLOR INICIATIVA EMPRESARIAL

50.000,00€

2.5. Apoio a concellos para a prestación de servizos de asesoramento a emprendedores e orientación laboral

30.000,00€

3. PEME

2.000.00,00€

3.1. Incentivos contratación PEME  e microempresas

2.000.000,00€

4. FINANCIAMENTO EUROPEO

400.000,00€

5. XESTIÓN E COORDINACIÓN

330.000,00€

 TOTAL

6.980.000,00€

Páxinas suxeridas