Estás en:Accesos directos Formularios Europe Direct Benvid@ ao ClubUE

Benvid@ ao ClubUE

LOGOTIPO-HORIZONTAL ED_2021-1.png

Tes entre 18 e 30 anos? Queres ser parte do ClubUE? Só necesitamos saber un pouquiño máis sobre ti. Presentación rápida e estás dentro!

*
*
*
*
*
*
*
*
*
*
*
*
*
*
*

Xa non queda nada, imos cos termos legais.... Éche o que hai!

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE:

A actividade será promovida e desenvolvida a través das redes sociais Instagram e Youtube e mediante actividades e encontros online/offline.
Para o caso de encontros/actividades online pode preverse a contratación de empresas coordinadoras e/ou plataformas web que remitirán ligazón ao correo electrónico previsto para facilitar o acceso á sesión.
Será necesario dispor de cámara web e micrófono para participar nas actividades/encontros online, estes dispositivos activaranse e desactivaranse durante as sesións a pedimento da organización.
As sesións serán gravadas aos efectos de comprobar o efectivo desenvolvemento das mesmas pola Deputación da Coruña, e ditas gravacións poden ser publicadas pola Deputación da Coruña en calquera medio de difusión, incluindo emisión en transmisión en canle web (webstreaming) e/ou en redes sociais.
Realizaranse capturas de pantalla, fotografías ou vídeos durante as actividades e encontros online/offline para os efectos de dar publicidade dos mesmos nas plataformas de comunicación da Deputación provincial da Coruña, incluindo tamén folletos divulgativos e/ou exposicións e calquera soporte publicitario e/ou de comunicación que poida contelos. A Deputación da Coruña coidará de que a captación e a utilización das imaxes non atente contra a dignidade nin o dereito á honra das persoas, nin contra a moral e a orde pública, nos termos establecidos na lexislación vixente.
A Deputación da Coruña non se fai responsable das aportacións, opinións, xuízos, comentarios, contidos, imaxes, vídeos e, en definitiva, material, xa sexa multimedia, visual, sonoro ou texto aportado polos usuarios a través de calquera dos mecanismos postos a disposición, como a título ilustrativo redes sociais, no desenvolvemento do ClubUE, que infrinxa a normativa vixente e/ou lesione dereitos de terceiros, procedendo a ser desactivado dito material cando se considere oportuno. A responsabilidade legal corresponderá ao usuario que realice a infracción.
A Deputación da Coruña non será responsable dos contidos nin da veracidade e/ou calidade da información vertida polos usuarios, nin do uso que poida facerse polos usuarios da información e materiais compartidos no desenvolvemento da actividade.

INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS:

Os seguintes datos serán tratados pola Deputación da Coruña con dirección en Avenida Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña, para xestionar a actividade e dar publicidade á mesma en medios institucionais: nome e apelidos, perfil de Instagram, teléfono, dni, enderezo postal, data de nacemento, formación, correo electrónico, imaxe e voz.
A lexitimación para o tratamento dos datos persoais é o consentimento que o participante outorga á Deputación Provincial coa súa aceptación.
Os datos tamén serán tratados pola empresa que sexa contratada pola Deputación da Coruña en cada caso, para encargarse da coordinación da actividade e/ou do envío de calquera material, que actuará como encargada do tratamento.
A Deputación conservará os datos durante o tempo que sexa necesario para cumprir coas finalidades para as que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se poidan derivar das finalidades expostas e do tratamento dos datos.
As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos a través da sede electrónica da Deputación da Coruña ou en persoa nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Se consideran que o presente tratamento incumpre o establecido no Regulamento Xeral de Protección de Datos poden presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Para calquera outra dúbida relacionada coa protección de datos as persoas interesadas poden dirixir un correo a delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal.

DECLARACIÓNS VINCULANTES:

1.- O/A participante acepta expresamente que se compartan as súas publicacións e interaccións vencelladas ao ClubUE nas redes sociais, incluíndo texto, imaxes/fotografías, audios ou vídeos.
2.- O/A participante acepta expresamente recibir calquera tipo de comunicacións, materiais e agasallos do ClubUE en calquera das direccións e perfís facilitados neste formulario de inscrición. O material promocional só será distribuido nos enderezos proporcionados que estean dentro do territorio de Galicia. Os agasallos/premios por participación en concursos específicos só serán distribuidos en territorio da Unión Europea.
3.- O/A participante acepta expresamente que a gravación dos encontros/actividades online/offline, imaxes/fotografías, interaccións, textos, vídeos, audios e calquera outra forma de actividade e expresión capturados no desenvolvemento destes encontros/actividades online/offline ou achegado polos usuarios, poidan aparecer en calquera plataforma de comunicación da Deputación provincial da Coruña, transmitirse en canle web (webstreaming), páxina web, redes sociais, vídeos, folletos e materiais promocionais e divulgativos e/ou exposicións, respectando sempre o disposto na vixente normativa de protección de datos, así como o estipulado na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.
O prazo da cesión dos dereitos de imaxe e voz será por tempo indefinido, de forma gratuíta e sen límite no seu ámbito territorial. A Deputación da Coruña coidará de que a captación e a utilización das imaxes non atente contra a dignidade nin o dereito á honra das persoas, nin contra a moral e a orde pública, nos termos establecidos na lexislación vixente.
4.- O/A participante consente expresamente o tratamento dos seus datos persoais para os efectos do previsto nos apartados anteriores.

*
*
*
Codigo Captcha

Clic en la imagen para ver otro captcha.