Estás en:Atención á Cidadanía Preguntas Frecuentes Preguntas Frecuentes sobre Protección de Datos

Preguntas Frecuentes sobre Protección de Datos

Calquera actividade na que estean presentes datos de carácter persoal constituirá un tratamento de datos, xa se realice de maneira manual ou automatizada, total ou parcialmente, como a recollida, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta, utilización, comunicación por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión, limitación, supresión ou destrución

Todos os datos persoais que poidan subministrar as persoas interesadas non serán destinados a finalidades distintas das expresadas no momento da súa achega, segundo o suposto específico de que se trate, nin comunicados a terceiros salvo naqueles supostos legais en que poida procederse á devandita comunicación ou se conte co consentimento expreso da persoa interesada. Para a información sobre as finalidades, cesións e comunicacións a terceiros para un tratamento en concreto, consulte o Rexistro de Actividades de Tratamento.
A base xurídica que lexitima o tratamento dos seus datos persoais pode ter diversa natureza. A base xurídica concreta para un determinado tratamento pode consultala no noso Rexistro de Actividades de Tratamento.
Os datos persoais tratados en cada unha das finalidades indicadas á persoa interesada manteranse durante os prazos legalmente previstos. Para máis información sobre os prazos de conservación para un tratamento en concreto, consulte o Rexistro de Actividades de Tratamento.
Para máis información sobre un tratamento en concreto, consulte o Rexistro de Actividades de Tratamento

A Deputación da Coruña é responsable de todos os tratamentos de datos de carácter persoal que realice no desenvolvemento da súa actividade propia.
Respecto daqueles tratamentos de datos derivados da prestación de asistencia en favor doutras administracións públicas actuará como encargada do tratamento.

A Deputación provincial da Coruña conta cun Delegado de Protección de Datos, con quen se poderá poñer en contacto a través do seguinte correo electrónico: delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal

Respecto dos dereitos das persoas interesadas, calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre a existencia dun tratamento dos seus datos, a acceder aos seus datos persoais, solicitar a rectificación dos datos que sexan inexactos ou, no seu caso, solicitar a supresión, cando entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos ou a persoa interesada retire o consentimento outorgado. En determinados supostos a persoa interesada poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso só se conservarán de acordo coa normativa vixente. No caso de que resulte de aplicación pode exercitar o seu dereito á portabilidade dos datos, que serán entregados nun formato estruturado de uso común ou lectura mecánica, a vostede ou ao novo responsable de tratamento que designe.